Instalacións de Zubieta
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Instalacións de Zubieta son os terreos de adestramento da Real Sociedad que se atopan situadas no barrio de Zubieta, na cidade de Donostia (Guipúscoa), xunto ao hipódromo.
Instalacións de Zubieta | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°15′32″N 2°01′26″O |
Localización | Donostia, Guipúscoa, España |
Construción | |
Inauguración | 1 de abril de 2004 |
Estadio | |
Superficie | 70.000 m² |
Propietario | Real Sociedad de Fútbol |
Web | http://www.realsociedad.com/document/view/spa/181/135101/zubieta |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2004 acabou a última fase de construción da Cidade Deportiva do club vasco, que ten unha superficie de 70.000 m² de superficie e acolle os adestramentos do primeiro, segundo equipo e os equipos inferiores do fútbol base.
As instalacións contan cun aforamento de 2.500 espectadores, dispoñen de 7 campos, 4 de herba natural e 3 de herba artificial. Igualmente conta cunha sala de rehabilitación, ximnasio, sala de proxeccións e sala de prensa.
Orixinalmente este ía ser o lugar para construír o novo estadio da Real, que ademais sería unha das sedes do Mundial de España de 1982. Ao final por desavinzas co Concello non se chegou a construír e Donostia quedou sen Mundial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.