Imperio Latino

From Wikipedia, the free encyclopedia

Imperio Latino

En 1204, os cabaleiros da Cuarta Cruzada estableceron un estado cruzado coñecido como Imperio Latino ou Romania, con base en Constantinopla,[1] tras saquear a cidade. Proclamábanse como os sucesores cristiáns do Imperio Bizantino. Balduíno IX, conde de Flandres, foi coroado como o seu primeiro emperador o 16 de maio de 1204.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Imperio Latino
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
CapitalConstantinopla
Poboación
Lingua oficialfrancés antigo
RelixiónIgrexa católica
Datos históricos
Creación1204
Disolución1261
Organización política
Forma de gobernomonarquía

Pechar
Thumb
O Imperio Latino, O Imperio de Nicea, O Despotado de Epiro e o Imperio de Trebisonda

Historia

O nome latino do emperador era Imperator Romaniae, ou Emperador de Romania. O nome non ten nada que ver co estado actual de Romanía; é a forma latina do título de Emperador Bizantino, a quen o emperador latino esperaba substituír. O Imperio Bizantino nunca se chamou desta forma e o título do emperador era Basileus Rhomaion, ou emperador dos romanos. Isto produciu o curioso efecto de que en Europa existían ao mesmo tempo tres imperios romanos, sendo o outro o Sacro Imperio Romano xermánico.

O Imperio Latino reclamou todas as terras controladas polo Imperio Bizantino no momento en que Constantinopla foi conquistada e exerceron control sobre áreas de Grecia (os Estados Cruzados: O Reino de Tesalónica, o Principado de Acaia e o Ducado de Atenas). Con todo, a maioría do territorio permaneceu en mans de estados rivais dirixidos por aristócratas do antigo imperio, como o Despotado de Epiro, o Imperio de Nicea e o Imperio de Trebisonda. Os parentes de Balduíno loitaron durante moitos anos polos seus dominios. O Imperio Latino finalizou o 25 de xullo de 1261 cando Miguel VIII Paleólogo reconquistou Constantinopla, derrocando ao último emperador latino Balduíno II.

Os herdeiros de Balduíno II seguiron utilizando o título de Emperador de Constantinopla durante un século, e víanse como teóricos amos de varios estados latinos no mar Exeo.

Emperadores do Imperio Latino de Constantinopla

Emperadores titulares[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.