From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Dous Grupos (en francés, îles Deux Groupes) é o nome histórico de dous atois das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Son os atois Marokau e Ravahere, separados por menos de 2 km. Están situados no centro do arquipélago, a 750 km ao leste de Tahití, e están incluídos na comuna de Hikueru.
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Tuamotu | |||
Localización | ||||
División administrativa | Polinesia Francesa, Francia | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Superficie | 21,7 km² | |||
Foron descubertos por Louis Antoine de Bougainville en 1768, pero foi James Cook, o ano seguinte, quen os chamou Two Groups describíndoos como un ensamblado de illas unidas por escollos.
Marokau é un atol situado a 48 km ao sueste de Hikueru e a 120 km ao oeste de Hao. As súas coordenadas son: 18°13′S 142°10′O.
O atol ten forma triangular, cunha superficie total de 14,7 km². A lagoa ten un pequeno paso ao océano. A vila principal é Vaiori. A poboación, cun total de 50 habitantes no censo de 2002, vive principalmente da recolección de copra. Non dispón de infraestruturas significativas.
O atol foi devastado por un ciclón en 1903, quedando totalmente mergullado polas ondas e provocando a morte a uns 100 habitantes.
Ravahere é un atol situado a case 2 km ao sur de Marokau. As súas coordenadas son: 18°15′S 142°10′O.
A superficie total é de 7 km²;, e a lagoa non dispón de ningún paso navegable cara ao océano. Hoxe en día está deshabitado aínda que cando foi descuberto por James Cook tiña poboación. Non dispón de infraestruturas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.