From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha illa tectónica ou klippe (en alemán cantil, en plural klippen) é unha estrutura xeolóxica característica de terreos con fallas de acabalgamento que forman mantos, na que unha porción de alóctono queda rodeada polo autóctono subxacente, debido á destrución de parte do alóctono (por erosión, por exemplo). En tal sistema, a masa rochosa (bloques superiores ou acabalgantes) que foi transportada polo movemento ao longo do acabalgamento chámase manto de corremento (nappe). Cando a erosión diferencial vai desgastando os materiais superiores (alóctono) van quedando expostos (afloran) os materiais de capas inferiores (autóctono).
A illa tectónica é a porción remanente dun manto de acabalgamento despois de que a erosión eliminou os materiais que o conectaban con dito manto de acabalgamento, quedando, por tanto, illado como unha illa de materiais alóctonos sobre unha base que o rodea de materiais autóctonos.[1] Este proceso ten como resultado a presenza de materiais atípicos ou exóticos en estratos superiores, que a miúdo se desprazaron en posición case horizontal, e a súa permanencia por encima de estratos subxacentes autóctonos, que non sufriron transporte.
Se unha porción de alóctono está parcialmente (pero non totalmente) rodeada de autóctono, denomínase lobo ou lóbulo.[2]
O contrario de illa tectónica é unha fiestra tectónica, na cal o autóctono está rodeado de alóctono.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.