Illa de Sazan
illa de Albania From Wikipedia, the free encyclopedia
illa de Albania From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Sazan (en albanés: Sazani; en italiano: Saseno; en grego Σάσων) é unha pequena illa estratexicamente localizada á entrada da baía de Vlorë, en Albania. A illa ten unha superficie de 5 km² e está deshabitada. No presente utilízase para prácticas militares.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Condado de Vlorë, Albania | ||||
Localización | mar Adriático | ||||
| |||||
Bañado por | mar Adriático | ||||
Características | |||||
Altitude | 59 m | ||||
Dimensións | 2 () × 4,7 () km | ||||
Superficie | 5 km² | ||||
A illa coñecíase na Antigüidade co nome de Saso. Durante a Idade Moderna, a illa pertenceu orixinalmente a Venecia. A illa pasou a formar parte do Protectorado de Inglaterra tralas guerras napoleónicas, formando parte das posesións de Inglaterra no mar Xónico. A illa cedeuse a Grecia, xunto co resto das illas xonias en 1864. Trala segunda guerra balcánica (1913), Italia e Austria meteron presión a Grecia para que evacuase a illa ó sur de Albania. Considerándoa de pouca importancia estratéxica, Grecia evacuou a illa, que volveu ser ocupada por Italia o 30 de outubro de 1914. Baixo o goberno italiano converteuse nunha base militar, sendo ratificada o 26 de abril de 1915, como parte do segredo Tratado de Londres.
Trala primeira guerra mundial, Albania cedeu formalmente a illa a Italia o 2 de setembro de 1920 como parte do protocolo albano-italiano.
A illa foi devolta a Albania o 10 de febreiro de 1947, cumprindo os tratados que garantían o fin da segunda guerra mundial.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Sazan |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.