Illa Santa Cruz, Galápagos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illa Santa Cruz, Galápagos

Illa Santa Cruz é unha das Illas Galápagos cunha superficie de 986 km² e unha altitude máxima de 864 m.[1][2][3][4] Situado no centro do arquipélago, Santa Cruz é a segunda illa máis grande logo da illa Isabela. A súa capital é Porto Ayora, o centro urbano máis poboado das illas. En Santa Cruz hai algunhas pequenas vilas, cuxos habitantes traballan na agricultura e a gandaría. Esta illa é un gran volcán inactivo. Estímase que as últimas erupcións ocorreron ao redor dun millón e medio de anos atrás. Hai un túnel de lava xigantesca que ten máis de 2000 metros de longo na illa que moitos turistas visitan e atravesan camiñando. Como testemuño da súa historia volcánica hai dous grandes buracos formados polo colapso dunha cámara de magma: Los Gemelos.[5][6] Bautizada como Santa Cruz, o seu nome inglés (infatigable) foille dado despois de que a visitara o barco británico HMS Indefatigable.[1] Santa Cruz alberga a maior poboación humana do arquipélago na cidade de Porto Ayora, cun total de 12.000 habitantes na illa.[1]

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Illa Santa Cruz, Galápagos
Thumb

EpónimoVera Cruz, HMS Indefatigable, Henry Howard, 6th Duke of Norfolk (pt) , Henry Howard, 7th Duke of Norfolk (pt) e Clemente I
Localización
Thumb Thumb
 0°38′37″S 90°21′29″O
EstadoEcuador
ProvinciaGalápagos
CapitalPuerto Ayora
Poboación
Poboación15,701 (0,02 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie979 km²
Medición31 () × 43 () km
Bañado porOcéano Pacífico
Altitude864 m
Identificador descritivo
Fuso horario

Pechar
Thumb
Un dos cráteres, "Los Gemelos" (os Xemelgos), nas terras altas

Baía Tortuga atópase na illa de Santa Cruz, a un curto paseo do centro de Porto Ayora onde se poden ver iguanas mariñas, aves, cangrexos das Galápagos e un mangleiral natural onde poden verse tiburóns e tartarugas das Galápagos.[7]

Historia

A formación da illa Santa Cruz ocorreu fai aproximadamente 1 millón e medio de anos. Para dar testemuño disto podemos atopar na parte alta da illa dous grandes colapsos formados por unha cámara de lava denominados Los Gemelos.[8]

O arquipélago foi descuberto por Frei Tomás de Berlanga en 1535, e nos seguintes séculos piratas, bucaneiros e baleeiros usaron as illas para aprovisionarse e reparar os seus botes. Desde 1832 forma parte do Ecuador.

Santa Cruz foi colonizada a finais de 1920 por un grupo de noruegueses, o seu soño de enlatar peixe non foi consumado e algúns deles establecéronse na parte alta e cambiaron a súa actividade pesqueira pola agricultura para vivir.

Prehistoria: Atopáronse restos arqueolóxicos que demostran que os primeiros visitantes procedentes da costa do Ecuador chegaron en "Balsas ou en artefactos flotantes con técnica de vela creados por eles mesmos e iso permitiulles viaxar moi lonxe dentro do mar. Ao parecer non se atoparon rastros de asentamentos permanentes na illa. Logo de moito tempo en 1535, Frei Tomás de Berlanga o bispo de Panamá descubriu as illas Galápagos e xunto con elas á illa Santa Cruz debido a que na viaxe que estaban realizando desde Panamá ata Perú extraviáronse e atoparon cinco illas, entre elas á illa Isabela. Chamaron ás illas "Galápagos" porque a coiraza da tartaruga que vivía alí parecíase moito a unha cadeira de montar española que se chamaba "galápago". A escaseza de auga e a abundancia de rochas deron unha mala primeira impresión.

Poboación

A Poboación da Illa Santa Cruz ascende a 15 mil habitantes aproximadamente.[9]

A cabeceira da Illa Santa Cruz é Puerto Ayora e consta tamén de parroquias que agrupan á poboación como: Bellavista, Santa Rosa, El Carmen e El Cascajo.

Actividade económica

Os habitantes da illa viven do turismo, da pesca e da agricultura para autoconsumo e para o consumo local.[10] O turismo acada unhas 60.000 ou 70.000 persoas por ano, danando progresivamente o ecosistema da illa. Chegouse á práctica de pesca excesiva de cogombros de mar e lagostas por parte dos pescadores.[10]

Galería

Thumb

Panorama do areal de Baía Tortuga.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.