Illa Devon

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illa Devonmap

A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 do Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almiscreiros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Illa Devon
Thumb
Tipoilla
Illa deserta
Parte deIllas Árticas do Canadá
Situado na entidade xeográficarexión de Qikiqtaaluk
Localización
ContinenteAmérica do Norte
División administrativaNunavut, Canadá
Thumb Thumb
 75°08′N 87°51′O
Bañado porBaía de Baffin
Características
Altitude1.920 m
Dimensións524 () km
Punto máis altoDevon Ice Cap (en)  (1.920 m )
Superficie55.247 km²
Historia
Data de descuberta ou invención1616
Pechar

A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado hai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.