construción relixiosa en Bembrive, Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive.[2] É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo, sendo as outras dúas a igrexa de Santa María de Castrelos e a igrexa de San Salvador de Coruxo.[3]
Igrexa de Santiago de Bembrive | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santiago o Maior |
Localización | Bembrive, Vigo |
Coordenadas | 42°12′14″N 8°41′12″O |
Catalogación | BIC (incoado expediente en 1980) [1] |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | séculos XII-XIII |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223.[2] A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.[4]
Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.[2]
O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.