Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A iconoclastia é a oposición á veneración de imaxes ou ídolos. Etimoloxicamente, o termo iconoclasta refírese a quen esnaquiza iconas, é dicir, pinturas ou esculturas sagradas. Un exemplo de iconoclastas foi a tradición bizantina, especialmente León III, que ordenou a destrución de todas as representacións de Xesús, a Virxe María e, especialmente, todos os Santos.
En linguaxe coloquial, utilízase tamén o termo iconoclasta para referirse a aquela persoa que vai ao contraxeito e cuxo comportamento é contrario aos ideais, normas ou modelos da sociedade actual ou á autoridade de mestres dentro desta, sen que implique unha connotación negativa da súa figura.
Os movementos iconoclastas adoitan ter a finalidade de acabaren entre a poboación cos ritos ou adoracións pagás que permanezan disfrazados na relixión dominante. Os movementos máis intensos a favor dos iconoclastas déronse no cristianismo bizantino e na relixión musulmá. A iconoclastia é un fenómeno que pode aparecer en diferentes relixións, pero adoitan ser o resultado de disputas entre faccións dunha mesma relixión.
O emperador León III o Isaurio mandou destruír toda representación cristiá de figuras relixiosas ou do evanxeo en 730. O seu fillo, Constantino V (741-775) herdou un grave enfrontamento entre a poboación maiormente a favor do uso de imaxes e a postura oficial, que finalmente concluíu utilizando o seu poderío militar. Tralo Segundo Concilio de Nicea no 787 afirmouse a veneración de iconas, baseándose na encarnación de Xesús Cristo en home.
O emperador León V (813-820) instaurou un segundo período de loitas no 813 e continuado polos seguintes emperadores ata Teófilo. Ao morrer este, a súa esposa Teodora mobilizou aos iconódulos e proclamou a restauración de iconas no 843.
Os musulmáns teñen a prohibición de representar figuras humanas nas mesquitas (non a prohibición xeral do uso da figura humana).
Algúns protestantes claman pola destrución da arte católica acusándoa de idolatría (ou culto ás imaxes), debido a que os seguidores destas correntes só cren no Deus todopoderoso e vivente como única deidade verdadeira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.