Satélite científico dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Explorer 18, tamén coñecido como IMP-A ou IMP-1 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform A ou 1), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de novembro de 1963 mediante un foguete Delta C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Explorer 18 / IMP-A / IMP-1 | |
---|---|
Explorer 20 / IMP-A | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 27 de novembro de 1963, 2:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta C[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do medio interplanetario.[2][6] |
Decaemento | 30 de decembro de 1965[1] |
NSSDC ID | 1963-046A |
Masa | 138,0 kg[5] |
Explorer 18 foi lanzado coa misión de estudar o medio interplanetario no relativo ós campos magnéticos, as partículas enerxéticas, os raios cósmicos e os plasmas. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada por paneis solares e baterías. A telemetría emitíase en refachos de 81,9 segundos de duración, contendo 795 bits de datos. Tras tres secuencias de datos transmitíanse 81,9 segundos de datos analóxicos do magnetómetro de vapor de rubidio.[2][5][6]
A nave funcionou sen problemas ata o 30 de maio de 1964 en que comezou a facelo de maneira intermitente ata o 10 de maio de 1965 en que se deu por perdida. IMP-A foi inxectado nunha órbita inicial de 197.616 km de apoxeo e 192 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,3 graos e un período de 5666 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de decembro de 1965.[1][3][6]
IMP-A descubriu a existencia dun arco de choque desacoplado da magnetopausa na dirección cara ao Sol.[7] Tamén estudou a modulación do espectro do helio galáctico a baixa enerxía.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.