Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A CIE-10 é o acrónimo da décima edición da Clasificación Internacional de Doenzas (en inglés, ICD, International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems). Determina a clasificación e codificación das doenzas e unha ampla variedade de signos, síntomas, feitos anormais, denuncias, circunstancias sociais e causas externas de danos e/ou enfermidade.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A CIE foi publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Emprégase a nivel internacional para fins estadísticos relacionados con morbilidade e mortalidade, os sistemas de reintegro e soportes de decisión automática en medicina. Este sistema está deseñado para promover a comparación internacional da recolección, procesamento, clasificación e presentación destas estadísticas. A CIE é a clasificación central da WHO Family of International Classifications (WHO-FIC) (en galego, a Familia de Clasificacións Internacionais da OMS).[2]
A lista CIE-10 ten a súa orixe na «Lista de causas de morte», da cal a primeira edición realizouna o Instituto Internacional de Estadística en 1893. A OMS fíxose cargo da mesma en 1948, na sexta edición, a primeira en incluír tamén causas de morbilidade. A día de hoxe, a lista en vigor é a décima, e a OMS segue a traballar nela.
A CIE-10 desenvolveuse en 1992 e o seu propósito foi rastrexar estadísticas de mortalidade. A OMS publica actualizacións menores anuais e actualizacións maiores cada tres anos.
Posteriormente, algúns países teñen creado as súas propias extensións do código CIE-10. Por exemplo, Australia presentou a súa primeira edición, a «CIE-10-AM» en 1998; Canadá publicou a súa versión no 2000, a «CIE-10-CA». Alemaña tamén ten a súa propia extensión, a «CIE-10-GM».
Nos Estados Unidos de América, engadiuse o anexo co sistema de clasificación de procedementos, o ICD-10-PCS. A pesar de que xa utilizan o manual de procedementos, os Estados Unidos e Porto Rico estanse a preparar para a posta en funcionamento do Sistema de Clasificación de Enfermidades para comezar en outubro de 2015.
Cada afección pode ser asignada a unha categoría e recibir un código de até seis caracteres de lonxitude (en formato de X00.00). Cada unha de tales categorías pode incluír un grupo de doenzas similares. Os seguintes códigos empréganse pola Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde.
Capítulo | Códigos | Título |
---|---|---|
I | A00-B99 | Certas doenzas infecciosas e parasitarias |
II | C00-D48 | Neoplasias |
III | D50-D89 | Doenzas do sangue e dos órganos hematopoéticos e outros trastornos que afectan o mecanismo da inmunidade |
IV | E00-E90 | Doenzas endócrinas, nutricionais e metabólicas |
V | F00-F99 | Trastornos mentais e do comportamento |
VI | G00-G99 | Doenzas do sistema nervioso |
VII | H00-H59 | Doenzas do ollo e os seus anexos |
VIII | H60-H95 | Doenzas do ouvido e da apófise mastoide |
IX | I00-I99 | Doenzas do sistema circulatorio |
X | J00-J99 | Doenzas do sistema respiratorio |
XI | K00-K93 | Doenzas do aparato dixestivo |
XII | L00-L99 | Doenzas da pel e do tecido subcutáneo |
XIII | M00-M99 | Doenzas do sistema osteomuscular e do tecido conectivo |
XIV | N00-N99 | Doenzas do aparato xenitourinario |
XV | O00-O99 | Embarazo, parto e puerperio |
XVI | P00-P96 | Certas afeccións orixinadas no período perinatal |
XVII | Q00-Q99 | Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas |
XVIII | R00-R99 | Síntomas, signos e feitos anormais clínicos e de laboratorio, non clasificados noutra parte |
XIX | S00-T98 | Traumatismos, envelenamentos e algunhas outras consecuencias de causa externa |
XX | V01-Y98 | Causas externas de morbilidade e de mortalidade |
XXI | Z00-Z99 | Factores que inflúen no estado de saúde e contacto cos servizos de saúde |
XXII | U00-U99 | Códigos para situacións especiais |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.