O humor negro é un tipo de humor que se exerce a propósito de cousas que suscitarían, contempladas dende outra perspectiva, piedade, terror, mágoa ou emocións similares. Cuestiona situacións sociais que xeralmente son serias mediante a sátira. O asunto máis recorrente no humor negro é a morte e todo o que está relacionado con ela. Incumbe os temas máis escuros e dolorosos para o ser humano e que, por norma xeral, adoitan resultar controvertidos e polémicos para a sociedade porque están relacionados coa moral. Algúns exemplos poden ser: as grandes traxedias, as normas sociais, o sexo, os asasinatos, o suicidio, as enfermidades, a pobreza, a tolemia, o terrorismo, as discapacidades, a guerra, a relixión, a política etc, representados sempre en forma cómica.
Véxase tamén
Outros artigos
- Cinismo.
- Macabrismo.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.