De modo xeral, a homonimia é un fenómeno lingüístico consistente na identidade fónica ou gráfica de dous morfemas que non teñen o mesmo sentido.
Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas:
- relacións de incompatibilidade (véxase antonimia).
- relacións de inclusión. e
- relacións entre significantes e significados (sinonimia, homonimia e polisemia).
Como a homonimia, a polisemia está ligada á evolución histórica das linguas e implica a atribución de varios significados a un só significante.
A homonimia orixínase pola coincidencia nun estado de lingua de varios significantes que presentan significados diferentes e que non teñen ningún tipo de proximidade ou parentesco:
- desmontar: Facer que alguén baixe dunha cabalaría ou, por extensión, do sitio en que está montado. Descabalgar.
- desmontar: Cortar ou arrincar dun monte, ou de parte del, as árbores e o mato para podelo cultivar.
Distínguense dous tipos de homonimia: absoluta e parcial. Na parcial os significantes poden non ser idénticos en canto a súa fonética:
- doce: Que ten un sabor agradable (con vogal tónica semiaberta, /ɔ/).
- doce: Número de unidades que caben nunha ducia (con vogal tónica semifechada, /o/).
Homógrafos
Os homógrafos (do grego homos, igual; e grafos, escritura) son palabras que se escriben de forma idéntica pero teñen diferentes significados. Por exemplo, a palabra banco pode referirse a unha institución bancaria ou a un grupo de peixes, ou
Sede: Lugar onde ten a súa residencia principal unha entidade, sociedade, organismo.
Sede: Necesidade de tomar líquidos.
Homófonos
Os homófonos (do grego homos, igual; e fonos, son) son palabras que se pronuncian e se oen igual pero que se escriben distinto e teñen significados diferentes:
Vaca: Femia do touro.
Baca: Soporte na parte superior dos coches en que se colocan as equipaxes.
Bibliografía
- ABRIL, Gonzalo (1976): Signo y significación. Edicións Castilla.
- BARTHES, Roland (1971): Elementos de semiología. Alberto Corazón editor. Comunicación. Colombia.
- COSERIU, E. (1977): Principios de semántica estructural. Ed. Gredos. Madrid.
- COSERIU, E. (1978): Gramática. Semántica. Universales. (Estudios de lingüística funcional). Ed. Gredos. Madrid.
- DUCROT. Oswald & Todorow, Tzvetan (1983): Diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Siglo XXI de España Editores S.A.
- ECO, Umberto. (1976): Signo. Labor. Barcelona
- HJELMSLEV, l. (1974): Prolegómenos a una teoría del lenguaje. Gredos. Madrid.
- JUSTO Gil, Manuel (1990): Fundamentos del análisis semántico. Lalia.
- MOUNIN, Georges (1972): Introducción a la semiología. Editorial Anagrama
- TRUJILLO, R. (1988): Introducción a la semántica española. Arco libros, Madrid.
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.