Hans Magnus Enzensberger

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hans Magnus Enzensberger

Hans Magnus Enzensberger, nado en Kaufbeuren o 11 de novembro de 1929 e finado en Múnic o 24 de novembro de 2022,[1][2] foi un poeta e ensaísta alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Hans Magnus Enzensberger
Thumb
(2006)
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1929
Kaufbeuren (República de Weimar)
Morte24 de novembro de 2022 (93 anos)
Múnic, Alemaña
Causa da mortemorte natural
EducaciónUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Hamburgo
Universidade de Erlangen-Núremberg - Doutor en filosofía
Actividade
Campo de traballoLiteratura en alemán, German-language poetry (en) , ensaio, tradución, edição (pt) e German drama (en)
Lugar de traballo Múnic
Ocupaciónpoeta, reporteiro, escritor de literatura infantil, dramaturgo, xornalista, escritor, tradutor, editor colaborador
Xénero artísticoEnsaio, Prosa e poesía
Pseudónimo literarioLinda Quilt
Giorgio Pellizzi
Benedikt Pfaff
Andreas Thalmayr
Elisabeth Ambras
Serenus M. Brezengang
Trevisa Buddensiek
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDagrun Enzensberger
Masha Enzenberger
Katharina Enzensberger
FillosTanaquil Enzensberger
 () Dagrun Enzensberger
Theresia Enzensberger
 () Katharina Enzensberger
IrmánsChristian Enzensberger
Ulrich Enzensberger
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteObálky knih,
Iedereen Leest (en)
base de datos rexional da biblioteca da cidade de Olomouc >>>:Enzensberger, Hans M., 1929-,
Dialnet: 224238 iTunes: 7303068
Pechar

Traxectoria

Enzensberger naceu en 1929 en Kaufbeuren, unha pequena localidade de Baviera e era o máis vello de catro irmáns.[3] Fixo parte da última xeración de intelectuais con escritos formados polas súas experiencias de primeira man no Terceiro Reich.[4] A familia Enzensberger mudouse a Nürnberg en 1931.[3] Julius Streicher, fundador e editor de Der Stürmer, era o seu veciño de porta. Enzensberger uniuse ás Xuventudes Hitlerianas na súa adolescencia, mais foi expulsado pouco despois. "Sempre fun incapaz de ser un bo camarada. Non podo permanecer na fila. Non está no meu carácter. Pode ser un defecto, mais non podo evitalo".[3]

Estudou Xermanística, Literatura e Filosofía nas Universidades de Erlagen, Friburgo e Hamburgo, completando a súa formación na Sorbona de París, doutorándose en 1955.[5]

Entre 1965 e 1975 foi membro do "Grupo 47".[6] En 1965 fundou a revista Kursbuch,[7] e desde 1985 dirixiu a colección literaria Die andere Bibliothek (A outra biblioteca).[8]

Traballou como redactor na radio de Stuttgart e exerceu a docencia ata 1957.

No ano 2002 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Obra

Ensaio

  • Politik und Verbrechen : neun Beiträge (1964)
  • Der kurze Sommer der Anarchie. Buenaventura Durrutis Leben und Tod (O curto verán da anarquía; vida e morte de Durruti, 1972)
  • As aporías da vangarda.
  • Politische Brosamen (1982)
  • Ach, Europa! Wahrnehmungen aus sieben Ländern (1987)
  • Der Zahlenteufel. Ein Kopfkissenbuch für alle, die Angst vor der Mathematik haben (O diaño dos números, 1997; ilustracións de Rotraud Susanne Berner)
  • Die Große Wanderung (1992)
  • Aussichten auf den Bürgerkrieg (1993)
  • Mediocridade e Delirio
  • Elemento para unha teoría dos medios de comunicación (1971)

Teatro

  • Voltaires Neffe. Eine Fälschung in Diderots Manier (1996)

Poesía

  • verteidigung der wölfe (1957)
  • landessprache (1960)
  • Mausoleum. 37 Balladen aus der Geschichte des Fortschritts (1975)
  • PoesGedichte. Die Entstehung eines Gedichts (1962)
  • Zukunftsmusik (1991)
  • Der Untergang der Titanic (1978)
  • Leichter als Luft. Moralische Gedichte (1999)
  • Die Geschichte der Wolken. 99 Meditationen (1993)

Premios

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.