Remove ads
director de cinema venezolano From Wikipedia, the free encyclopedia
Gustavo Balza Gámez, nado en Caracas, Venezuela, en 1965, é un director de cine venezolano actualmente residente en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Gustavo Balza estudou xornalismo na Universidade Central de Venezuela e despois, en 1990, diplomouse na especialidade de dirección na Escuela Internacional de Cine y Televisión (EICTV), de San Antonio de los Baños, provincia de Artemisa, Cuba.
Desde principios da última década do século XX, Balza traballou como axudante de dirección e de produción en diversos filmes. Tamén realizou varias curtametraxes de ficción e publicitarias.
Producido polo Centro Nacional Autónomo de Cinematografía e a entidade francesa Fonds Sud Cinema, o filme Caracas, amor a muerte (2000) foi a primeira longametraxe de ficción de Gustavo Balza, quen tamén coescribiu a película xunto con Armando Coll. Se non fose polo seu título, que especifica o espazo onde transcorre a acción, Caracas, amor a muerte pode ocorrer en calquera cidade latinoamericana (nalgúns países chamouse El valle), onde unha adolescente embarazada se debate entre abortar ou dar a luz un bebé non desexado. O pai, un mozo violento, e o cura, opóñense ao aborto; e a súa avoa quere impedir que se repita a historia das mulleres da familia. Ninguén pensou que a futura nai é a única que ten o dereito a decidir con liberdade.
A finais de 2001, Balza trasladouse a Galicia, á Coruña. No país traballa como director de series e películas para a televisión.
Dirixiu o telefilme Secuestrados en Xeorxia (2001), varios capítulos das series de televisión As leis de Celavella (2004-2005) e Os Atánticos (2007), e foi axudante de dirección de Antón Dobao no telefilme O bosque de Levas (2006), de Manuel Martín Cuenca en O Tesouro (2007), e de Rodrigo Rodero na longametraxe El Idioma Imposible (2009). En 2011 dirixiu Doentes, mellor longametraxe de ficción na décima edición dos Premios Mestre Mateo, e dous anos máis tarde foi xefe de produción por Venezuela en Libertador, unha coproducción internacional sobre la vida de Simón Bolívar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.