From Wikipedia, the free encyclopedia
Gundeperga, finada despois de 652, foi raíña dos longobardos e raíña de Italia do 625 ao 652.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 591 (Gregoriano) Provincia de Monza e Brianza |
Morte | século VII |
Actividade | |
Ocupación | consorte , Queen Regent (en) |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Familia | Dinastía bávara |
Cónxuxe | Rotario Arioaldo |
Fillos | Rodoaldo () Rotario |
Pais | Axilulfo e Teodelinda de Baviera |
Irmáns | Adaloaldo |
Filla de Axilulfo e de Teodolinda, naceu cara ao ano 600 e creceu na corte longobarda de Monza. Foi educada na fe católica e foi a esposa de Arioaldo, o duque de Turín que conduciu a oposición ariana á política filocatólica e filorromana do rei Adaloaldo, irmán de Gundeperga.
Arioaldo botou do trono ao seu cuñado entre o 625 e o 626, elevando a Gundeperga ao rango de raíña; pronto, en cambio, sospeitou que apoiaba a rebelión de Tasón, duque de Friúl, e recluíuna no castelo de Lomello. En seguida, con todo, liberouna e iniciou unha política de equilibrio entre arianos e católicos, na que Gundeperga colaborou. Á morte de Arioaldo (636), segundo unha tradición ben radicada na monarquía longobarda, transmitiu o poder ao segundo marido, elixido certamente de acordo coa aristocracia. A elección caeu sobre o duque de Brescia, Rotario, que proseguiu a política de Arioaldo. Gundeperga protexeu o mosteiro de Bobbio e fundou, en Pavia, a basílica de San Xoán. Morto tamén Rotario (652), foi rexente do xove sucesor Rodoaldo, ao que, con todo, mataron poucos meses despois. O trono pasou entón a Ariperto I, curmán de Gundeperga. A raíña continuou vivindo na corte ou ben retirouse nun mosteiro. Descoñécese a data da súa morte. Foi sepultada na basílica que fundara.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.