especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A guindeira[1] (Prunus cerasus), é unha especie de Prunus do subxénero Cerasus, nativa de Europa e do sueste de Asia. Está estreitamente emparentada coa cerdeira (Prunus avium), porén a súa froita é máis aceda e utilizada, especialmente, en preparacións culinarias (xaropes, licores etc.); por iso ás veces recibe o nome de cerdeira aceda.
Guindeira | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Prunus cerasus L. |
A súa froita chámase guinda.
En Galicia pódese atopar nalgunhas hortas e pomares particulares dende a antigüidade xunto a outras cerdeiras e demais froiteiras.
A árbore, máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As follas son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os froitos encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.
As cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de Prunus cerasus e a dubidosamente dispar especie P. acida, natural do Mar Caspio e o Mar Negro. Coñecidas polos gregos no 300 a. C., tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na Gran Bretaña moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de Henrique VIII, no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a Massachusetts plantaron a primeira variedade de guindeira en América do Norte, a Kentish Red.
Antes da segunda guerra mundial existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades Kentish Red, Amarelles, Griottes e Flemish, só é vendida a xenérica Morello na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.
En Galicia é tradicional o licor de guindas.
Estas cerdeiras cómpren de condicións semellantes ás requiridas para o cultivo de pereiras, é dicir solos húmidos ben drenados, esixindo máis cantidade de nitróxeno e de auga cá cerdeira doce .
Prunus cerasus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474–475, no ano 1753.[3]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.