Alcoxilo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alcoxilo

En química orgánica, un alcoxilo ou grupo alcoxi é un grupo alquilo unido a un átomo de oxíxeno, é dicir, RO-. Onde R é o grupo alquilo.

Thumb
Grupo funcional metoxi

Propiedades químicas

É un aceptor electrónico pola alta electronegatividade do oxíxeno, e un dador electrónico polos pares electrónicos solitarios.

Reactividade

Actúa como nucleófilo poidendo desprazar a outros grupos como, por exemplo, halóxenos.

Nomenclatura

Emprégase o nome do radical alquilo (R) engadindo a terminación -oxi. Por exemplo, no CH2=CH-CH2-O- o grupo alquilo sería alilo e, engadindo a terminación -oxi, resulta aliloxi.

Hai casos nos que o nome se acurta, por exemplo:

  • Metoxi: CH3-O-
  • Fenoxi: C6H5-O-

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.