Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregory Errol Chamitoff é un astronauta estadounidense que formou parte das misión STS-124, STS-134 e STS-126 e das expedicións 17 e 18 da Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 198,75 días no espazo.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1962 (62 anos) Montreal, Canadá |
Educación | Instituto Tecnolóxico de California California Polytechnic State University (pt) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts University of Houston–Clear Lake (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, enxeñeiro |
Empregador | NASA, astronauta |
Tempo no espazo | 198 días, 18 horas e 2 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Chamitoff naceu o 6 de agosto de 1962 en Montreal, Canadá. É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Politécnica do Estado de California en 1985, máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1992 e máster en xeoloxía planetaría pola Universidade de Houston-Clear Lake en 2002. Está casado con Chantal Caviness e ten dous fillos. Entre as súas afeccións están o mergullo, o sendeirismo, o voo, o esquí, o aikido, o ilusionismo, tocar a guitarra e o xadrez.[1][2]
En 1995 comezou a traballar no Centro Espacial Johnson como controlador de guiado e control de voo, axudando a desenvolver software para o control de actitude en naves espaciais e predición, análise e optimización de manobras. Foi seleccionado pola NASA como candidato a astronauta en 1998, sendo xefe CAPCOM (Capsule Communicator) para a Expedición 9 e axudando no adestramento da Expedición 6. Participou tamén na misión NEEMO-3 da NASA, consistente en vivir e traballar nun módulo subacuático durante 9 días. En setembro de 2013 deixou a NASA para adicarse á docencia. .[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.