O Gran Torneo Europeo de fútbol de 1911 foi unha competición futbolística internacional organizada pola Unión Internacional Amateur de Fútbol Asociación (UIAFA) na que tomaron parte seleccións nacionais das federacións afiliadas ao devandito organismo. O torneo foi levado a cabo en maio de 1911 como parte dos actos deportivos celebrados durante a Exposición Internacional do Norte de Francia que tivo lugar en Roubaix entre o 30 de abril e o 6 de novembro. Celebrado 49 anos antes da Eurocopa de 1960, foi unha das primeiras competicións europeas entre seleccións nacionais.[1][2]
Tipo | tempada deportiva |
---|---|
Deporte | fútbol |
Localización e Datas | |
Data | 1911 |
A UIAFA foi unha asociación de federacións nacionais de fútbol alternativa á FIFA. Incluía federacións nacionais que, por diversas razóns, non formaban parte da FIFA nese momento. Por esta razón, os partidos do torneo non están incluídos nos rexistros oficiais da citada organización. O termo non oficial “Campionato de Europa” é usado amplamente, principalmente en fontes checas. En Francia, o torneo foi chamado o “Gran Torneo Europeo” (francés: Grand Tournoi européen de football).[3] A gañadora do torneo foi a selección de fútbol de Bohemia, que derrotou ao equipo da Asociación de Fútbol Afeccionado de Inglaterra cun resultado de 2-1 no partido final.[1][2][4][5]
Participantes
Na competición tomaron parte seleccións nacionais das federacións afiliadas á Unión Internacional Afeccionada de Fútbol Asociación (UIAFA).[2][3] O representante francés era a Union des sociétés françaises de sports athlétiques (USFSA) que abandonara a FIFA en 1908. A selección que presentou estaba formada por xogadores de clubs parisienses, así como por futbolistas dos equipos Racing (Roubaix) e Olympique (Lille).[1] Dous dos xogadores tiñan experiencia xogando para o equipo nacional até 1908.[1] Precisamente naquel mesmo ano de 1908, Bohemia (cuxa federación era a Český svaz footballový, ČSF) fora excluída da FIFA a petición da Asociación Austríaca.[5] Despois diso, a selección de Bohemia e os principais clubs do país nin sequera podían xogar partidos amigables con representantes de países que formaban parte da FIFA. A base da súa selección eran os xogadores do Slavia de Praga, dirixidos pola estrela principal Jan Košek. O Slavia foi considerado un dos equipos máis fortes da Europa continental nese momento, o que se confirma cunha serie de partidos amigables moi exitosos contra equipos de Europa central e Gran Bretaña entre 1906 e 1908.[6] A representación inglesa foi cousa da Amateur Football Association (AFA), que abranguía un número relativamente pequeno de clubs de afeccionados en Inglaterra, situados principalmente preto de Londres. O equipo da AFA representado no torneo non debe confundirse co equipo afeccionado de Inglaterra que gañou os Xogos Olímpicos de 1908 e 1912. Supoñíase que o cuarto participante do torneo sería a selección suíza da Ligue Sportive Suisse (LSS), pero renunciou. O lugar vacante ocupouno a selección do norte de Francia, formada polos xogadores dos clubs Tursonne, Stade Roubaix, Racing (Roubaix) e Olympique (Lille).[1]
Partidos
Semifinais
Norte de Francia (USFSA) | 1 - 2 | Inglaterra (AFA) | 25 de maio de 1911, 17:00 – Stadium de Roubaix, Croix Asistencia: De 4.000 a 5.000[7] |
Francia A (USFSA) | 1 - 4 | Bohemia | 28 de maio de 1911, 16:00 – Stadium de Roubaix, Croix Árbitro: Gardner (Inglaterra) |
Chandelier | Bělka 15' Košek Medek | ||
Final
Bohemia | 2 - 1 | Inglaterra (AFA) | 29 de maio de 1911, 17:30 – Stadium de Roubaix, Croix Asistencia: 3.000 Árbitro: Collier (Francia) |
Bělka 70' 73' | 60' | ||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.