Gotthold Ephraim Lessing

filósofo ilustrado e dramaturgo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Gotthold Ephraim Lessing

Gotthold Ephraim Lessing, nado en Kamenz, Saxonia o 22 de xaneiro de 1729 e finado en Braunschweig, Brunswick o 15 de febreiro de 1781, foi un escritor, crítico e dramaturgo alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Gotthold Ephraim Lessing
Thumb
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1729
Kamenz (Sacro Imperio Romano Xermánico)
Morte15 de febreiro de 1781 (52 anos)
Braunschweig (Sacro Imperio Romano Xermánico)
Lugar de sepulturaBraunschweig
RelixiónCristianismo
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg - Mestrado (1751–1752)
Universidade de Leipzig - teoloxía (1746–)
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas
Lugar de traballo Hamburgo
Lutherstadt Wittenberg
Leipzig
Wolfenbüttel
Ocupaciónletrista, crítico literario, dramaturgo, xornalista, escritor, crítico, teólogo, poeta, bibliotecario, filósofo, dramaturgo, historiador da arte
Período de actividade1749 -
Membro de
Xénero artísticoDrama
Obra
Obras destacables
Outro
CónxuxeEva König
PaiJohann Gottfried Lessing
IrmánsTheophilius Lessing
Condenado porHerexía
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Hamburgische Biografie
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лессинг Готхольд Эфраим)
IBDB: 9327
WikiTree: Lessing-85
Pechar

Traxectoria

Fillo dun pastor e reputado teólogo de Lusace, era o maior de dez irmáns. Aos doce anos, xa un asiduo lector, entra na célebre Furstenschule (escola dos electores) de Saint Afra de Meissen. Adquiríu un bo coñecemento do grego, do latín e do hebreo. Nesa época, debido a súa admiración por Plauto e Terencio decídese a escribir comedias. No outono de 1746, entra na Universidade de Leipzig como estudante de Teoloxía. Mais os seus verdadeiros focos de intereses eran, á vez, a Literatura, a Filosofía e máis a Arte. Porén en 1747 comeza a estudar Medicina, vivindo na casa do seu primo Mylius, un autor cómico con quen debutará no Teatro. En 1751 marcha a Wittemberg para estudar Filoloxía. No 1752 obtén un mestrado de Letras, que lle permite vivir da pluma. Pasa a ser preceptor durante un tempo. Viaxa a Inglaterra de 1756 a 1758. No 1767, foi nomeado director do teatro de Hamburgo e, dous anos máis tarde, convértese en bibliotecario do duque de Brunswick, en Wolfenbüttel. Nesa cidade, no 1773 descubre o manuscrito do problema bovino de Arquímedes. Casa en 1776 con Eva König, que falece en 1778. Isto o torna depresivo, deteriorándose a súa saúde ata falecer o 15 de febreiro de 1781.

Bibliografía (selección)

  • Der junge Gelehrte (O xove aprendiz) (1748)
  • Der Freigeist ( O Librepensador) (1749)
  • Die Juden (Os Xudeus) (1749)
  • Miß Sara Sampson (1755)
  • Philotas (1759)
  • Fabeln (Fábulas) (1759)
  • Laokoon oder Ueber die Grenzen der Malerei und Poesie (Laocoonte ou Acerca dos límites da Pintura e da Poesía) (1766)
  • Minna von Barnhelm (1767)
  • Emilia Galotti (1772)
  • Anti-Goeze (1778)
  • Nathan der Weise (Natán o Sabio) (1779)
  • Ernst und Falk - Gespräche für Freymäurer (Conversas sobre a Masonería) (1776-1778)
  • Die Erziehung des Menschengeschlechts (A Educación da Humanidade) (1780)
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.