Gonzalo José Ordóñez Puime, nado no Porriño o 12 de abril de 1954, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gonzalo José Ordóñez Puime 12 de abril de 1954 (70 anos) O Porriño, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de setembro de 2014 – 27 de outubro de 2015 ← Irene Garrido Valenzuela Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Pai | Gonzalo Ordóñez Pérez |
Traxectoria
Fillo de Gonzalo Ordóñez Pérez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é avogado de profesión. En 1987 foi elixido concelleiro do Alianza Popular no Porriño, continuando nas seguintes convocatorias xa como PPdeG. Primeiro tenente de alcalde con José Manuel Barros, en febreiro de 2003 encabezou unha escisión e pasou ao grupo mixto.[1] Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura de Independientes de Porriño que obtivo cinco concelleiros e apoiou a elección como alcalde do candidato do BNG Raúl Francés Rodríguez. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a formación independente e pasou a tan só 2 concelleiros. Se ben apoiou na investidura ó candidato do PPdeG, a falta de apoio da candidatura de Ciudadanos por Porriño de Nelson Santos Argibay supuxo que o BNG conservase a alcaldía ó se-la lista máis votada.
En febreiro de 2010 apoiou unha moción de censura que supuxo o acceso á alcaldía do candidato de CxP, Nelson Santos, e a integración desta formación e da súa, IdeP, no PPdeG. Tras vota-la moción de censura renunciou como concelleiro e pasou a centrarse na súa profesión como avogado. En febreiro de 2014 foi nomeado Director Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia. En setembro dese mesmo ano abandonou dito posto para ser deputado no Congreso en substitución de Irene Garrido[2]. Nas eleccións xerais de 2015 e de 2016 ocupou o quinto posto na lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.