Francisco González Amadiós, Panchulo, nado en Vigo o 26 de xullo de 1924 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1997, foi un economista e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Francisco González Amadiós
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1924
Vigo, España
Morte6 de abril de 1997 (72 anos)
Vigo, España
Actividade
Ocupacióneconomista, político
Pechar

Traxectoria

Fillo de Francisco González Garra. Licenciado en Ciencias Económicas. Foi un dos dirixentes do Movemento Socialista de Galicia, que en 1975 se integrou no Partido Socialista Galego. Foi o candidato número cinco do PSG pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1977.[1] Foi senador electo por Pontevedra polo PSdeG-PSOE nas eleccións de 1979. Elixido deputado do Parlamento galego polo PSOE nas dúas primeiras lexislaturas, foi vicepresidente do Parlamento. Posteriormente ingresou no BNG.

Vida persoal

Casou con Marisa Pérez, filla de Telmo Pérez.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.