Os Gonorrinchiformes (Gonorynchiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende un reducido número de especies actuais e numerosas especies fósiles. Dentro desta orde está o sabalote (Chanos chanos), de certa importancia comercial.

Thumb
sabalote (Chanos chanos)

Características

Posúen bocas pequenas, sen dentes, e un primitivo aparato de Weber. Este é unha cadea de pequenos ósos (as 4-5 vértebras anteriores modificadas), que conectan a vexiga natatoria co oído interno. Actúa a modo de caixa de resonancia e amplifica as vibracións e transmíteas ó oído interno, así como as variacións de presión.

Clasificación

Divídense en tres subordes e catro familias:

  • Suborde Chanoidei:
    • Familia Chanidae
  • Suborde Gonorynchoidei:
    • Familia Gonorynchidae
  • Suborde Knerioidei:
    • Familia Kneriidae
    • Familia Phractolaemidae

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.