Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O leirón rabudo, leirón gris ou leirón rilón (Glis glis) é unha especie de roedor esciuromorfo da familia Gliridae, común en Europa.
Leirón rilón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Glis glis (Carl von Linné, 1766) | |||||||||||||||||
Distribución Glis glis |
É un pequeno roedor pero de tamaño considerable se o comparamos cos ratos e as toupas pequenas, chegando a acadar unha lonxitude de 13 a 20 cm, máis a cola duns 11 a 17 cm. As orellas miden ao redor de 25 e 32 mm, mentres que os ollos están entre 15,7 e 21 mm. O peso oscila entre os 75 e 220 g.
Posúe un suave pelaxe de cor gris prateada no lombo e a cola, tornando a unha cor gris escura, case negra, tan só unha fina franxa en torno aos ollos, sendo de cor branca por baixo (ao longo de toda a parte inferior). Na súa cara resaltan os seus ollos (negros, redondos, grandes e saltóns), o seu nariz (dun ton rosado) no medio dun pequeno fociño poboado de longos bigotes, e unhas grandes orellas que destacan á primeira ollada. A cola é case tan longa como o resto do corpo, tupida, toda ela poboada de abondosa pelaxe, formando unha capa uniforme. As femias teñen doce mamas, ou o que é o mesmo, seis pares de mamas, presentando dúas pectorais, dúas abdominais e dúas inguinais. A fórmula dentaria deste leirón, é 1.0.1.31.0.1.3. O número de cromosomas para esta especie é (2n) = 62.
Vive e desenvólvese basicamente en bosques caducifolios de planifolios, en xardíns, hortas e froiteiras, onde poden atopar abondoso alimento. Atópanse moi cómodos en bosques de carballos (Quercus robur), faias (Fagus sylvatica), castiñeiros (Castanea) ou avelairas (Corylus). Tamén habitan as zonas rochosas do bosque, onde as rochas fan as veces de refuxio. En canto ao rango de hábitat altitudinal, pode dicirse que, aínda que raras veces vive a unha altitude superior dos 1.000 msnm, este rango atópase situado entre os 50 e 2.000 m.
Glis glis é unha especie unicamente europea: espállase ao longo de toda a Europa continental, dende o norte da Península Ibérica ata o norte da antiga Persia (Irán). Presente tamén en Sardeña, Córsega, Sicilia, Creta e Corfú, todas elas illas. Houbo un intento en Gran Bretaña de introducir esta especie a comezos do século XX, desembocando isto nun éxito moderado. En España áchase a subespecie Glis glis pyrenaicus, que ocupa a Cordilleira Cantábrica, os Pireneos e o Sistema Ibérico.
O réxime alimenticio deste leirón é preferentemente vexetariano. Os seus alimentos preferidos son as sementes e os froitos secos; por exemplo landras, castañas, noces e abelás. De feito, polo seu hábito ou modo de vida, precisan de alimentos moi enerxéticos. Cando é o tempo, inxiren froitas e bagas, como mazás, cirolas, amoras, silvas, arandos, amorodos, figos e peras. Como complemento habitual da súa dieta, decántanse por artrópodos, flores, fungos, cogomelos e gromos, ou ata as partes máis verdes dalgunhas plantas. Tamén se alimenta ocasionalmente de pequenos vertebrados, particularmente crías de aves ás que atopa no niño. No outono, os leiróns engordan moitísimo e almacenan pouco alimento, constituíndo así boas reservas enerxéticas para enfrontarse co longo período de hibernación.
Actualmente, o leirón rilón é consumido en Eslovenia, onde é considerado unha exquisitez, aínda que o seu uso como alimento foi máis estendido durante a segunda guerra mundial[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.