From Wikipedia, the free encyclopedia
Giovanni Antonio Canal, nado o 7 de outubro de 1697 e finado o 19 de abril de 1768, máis coñecido como Canaletto, foi un pintor veneciano, famoso polas súas vistas panorámicas (vedute) de Venecia. Eran as postais da época, para aqueles que puidesen adquirilas. Fillo do pintor Bernardo Canal, de aí lle veu o diminutivo de Canaletto.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1697 Venecia, Italia |
Morte | 19 de abril de 1768 (70 anos) Venecia, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Venecia (1756–1768) Gran Bretaña (1746–1756) Venecia (1720–1746) Venecia (1716–1719) Roma Londres |
Ocupación | pintor, augafortista, debuxante |
Xénero artístico | Veduta (pt) e Arte de paisaxes |
Movemento | Rococó |
Catálogo crítico | Canaletto: Giovanni Antonio Canal, 1697–1768 (en) (1976) |
Profesores | Bernardo Canal |
Alumnos | Bernardo Bellotto |
Influencias | |
Mecenas | Joseph, Consul Smith (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Bernardo Canal |
Parentes | Pietro Bellotti, sobriño |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Canaletto, Antonio |
Foi exitoso primeiro polos seus traballos decorativos para teatro, logo pintou Vistas de Venecia, que son hoxe moi buscadas. Utilizaba con proveito grande a cámara escura na composición dos seus cadros. Boa parte das súas obras eran vendidas a ingleses que facían o Grand Tour, de modo que unha gran parte da súa produción consérvase en mans da Casa Real británica. Inspirouse nas vedute de Giovanni Paolo Panini, distinguíndose polo axustado dos seus efectos e pola transparencia dos seus fondos e ceos.
En 1746, Canaletto instalouse en Londres, onde pintou numerosas panorámicas inglesas, mais seguiu aínda a realizar vistas da súa Venecia natal, a partir de deseños preparados que levara consigo desde Italia.
No 1753, tornou para Venecia. Dez anos despois foi posta ao seu cargo a cátedra de Perspectiva na Academia de Belas Artes, por designio do director da institución, o tamén pintor Giambattista Tiepolo. Os lenzos dos seus derradeiros anos foron criticados pola utilización repetida de temas, que antes foran a base do seu éxito.
Das súas panorámicas venecianas admíranse, sobre todo, as súas vistas do Palacio Ducal e da Praza de San Marcos. Unha colección das vedute foron editadas ao gravado na súa cidade, en 1742.
Entre os seus discípulos máis salientes cóntanse o seu sobriño Bernardo Bellotto (tamén alcumado Canaletto), Francesco Guardi, Michele Marieschi, Gabriele Bella, Giuseppe Moretti e Giuseppe Bernardino Bison.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.