From Wikipedia, the free encyclopedia
A gastrectomía (do grego γαστήρ "estómago" e ἐκτομή "escisión") é a intervención cirúrxica que consiste na extirpación ou exérese parcial ou total do estómago. Dito procedemento está indicado en diversas doenzas, como úlceras complicadas (isto é, que cursan con hemorraxia, perforación ou obstrución), tumores gástricos (tanto malignos coma beningnos), doenzas inflamatorias (doenza de Crohn) ou pólipos non cancerosos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Gastrectomía | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Gastrectomía proximal. | |
MedlinePlus | 002945 |
MeSH | D005743 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A gastrectomía é unha operación levada a cabo por cirurxiáns xerais. O precedemento realíza baixo anestesia xeral, e consiste na exérese, ben do estómago completo (gastrectomía total), ben dunha porción deste (gastrectomía parcial) e a posterior reparación da continuidade do tubo dixestivo.
A primeira operación deste tipo foi realizada polo cirurxián Theodor Billroth en 1881 para tratar un cancro de estómago.
Na actualidade moitos cirurxiáns empregan a técnica de laparoscopia para operar unha gastrectomía. Na gastrectomía laparoscópica, unha cámara é introducida no abdome do paciente, e a través de pequenas incisións en diferentes puntos da parede abdominal, prodúcese a extracción do estómago. As vantaxes da gastrectomía laparoscópica fronte a gastrectomía aberta ou tradicional son a menor estancia hospitalaria, menor dor, menor índice de complicacións e cicatrices máis pequenas.[1]
Consiste na extirpación de todo o estómago e dos tecidos linfáticos adxacentes. Realízase principalmente en tumores de estómago.
Consiste na extracción do estómago dende o cardias até o píloro. Os muñóns resultantes únense entre si, de xeito que o esófago conéctase directamente o íleo ou ao colon.
Dentro da gastrectomía subtotal existen certas variantes que permiten conservar unha parte pequena do estómago. Esta intervención denomínase gastrectomía subtotal, destacando tres técnicas:
Consiste na extirpación dunha parte do estómago. Dita extirpación implica case seempre tamén a eliminación do píloro. O tránsito do estómago cara ao intestino prodúcese mediante unha gastroduodenostomía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.