Espiñento
From Wikipedia, the free encyclopedia
O espiñento (Gasterosteus aculeatus aculeatus, Linnaeus 1758) é un peixe da familia Gasterosteidae, da orde Gasterosteiformes, de pequeno tamaño e caracterizado por posuír 2-4 espiñas illadas diante da aleta dorsal.
Espiñento | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Gasterosteus aculeatus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Morfoloxía

Alcanza tamaños máximos de 11 cm de lonxitude, pero o tamaño medio rolda os 5 cm.
É de corpo comprimido, cuberto de placas óseas, coa boca moi pequena e dotada de varias filas de pequenos dentes. A aleta dorsal ten 11 a 13 radios brandos, e a anal 8-10, pero o máis característico é a presenza de 2-4 espiñas fortes illadas diante da aleta dorsal (tipicamente, tres), e unha diante da anal. Estas espiñas poden estar ergueitas ou manterse abatidas contra o corpo. A aleta caudal é pequena, de bordo recto e está precedida dun longo e estreito pedúnculo caudal.
A cor é gris, azulenta, ou verde oliva, cos costados prateados. Nos machos, os flancos tórnanse vermellos durante a freza.
Hábitat e bioloxía

Trátase dunha especie de vida mariña pero tamén presente en augas salobres e en auga doce.
Distribúese pola costa norte dos océanos Atlántico e Pacífico, entre os 26º e os 71º norte, en augas pouco profundas (ata 100 metros).
Aliméntase de pequenos peixes, de ovos de peixes e de pequenos crustáceos.
Taxonomía
Na especie Gasterosteus aculeatus admítense tres subespecies:
- Gasterosteus aculeatus aculeatus, Linnaeus, 1758. É a subespecie común en Europa.
- Gasterosteus aculeatus santaeannae, Regan, 1909. Restrinxida a Norteamérica.
- Gasterosteus aculeatus williamsoni, Girard, 1854. Propia do sur de California e México.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.