From Wikipedia, the free encyclopedia
Galaxy é o nome duns satélites de comunicacións operados inicialmente pola empresa estadounidense Hughes Communications, Inc. Trátase de satélites en órbita xeoestacionaria cuxo primeiro membro foi lanzado en 1983. Aínda que pertencentes a unha mesma empresa e a ter unha mesma función, os satélites Echostar mostran unha variedade de modelos e diversos vehículos para ser postos en órbita.[1]
Os primeiros satélites Galaxy usaban o bus HS-376 (tamén denominado BSS-376). Foron lanzados entre 1983 e 1996 e aínda que orixinalmente eran propiedade de Hughes foron transferidos a PanAmSat Corporation en maio de 1997. Tiñan unha masa duns 1200 kg e forma cilíndrica, estabilizábanse mediante xiro e contaban con ata 30 transpondedores de banda C a bordo.[2]
O Galaxy 10 usaba o bus HS-601 (ou BSS-601) e estaría estabilizado nos tres eixos. Tería contado con 24 transpondedores en banda C e 24 en banda Ku. Foi lanzado o 27 de agosto de 1998, pero non chegou a órbita polo fallo do foguete lanzador.[3]
O Galaxy 11 foi o primeiro en usar o bus HS-702 (ou BSS-702). Foi lanzado o 22 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 4. Levaba 64 transpondedores a bordo: 24 en banda C e 40 en banda Ku. Tiña unha masa de 4477 kg e estabilizábase nos tres eixos. Os seus paneis solares producían ata 10 kW de potencia, dando servizo a Norteamérica e o Brasil.[4]
Os Galaxy 12, 14 e 15 son construídos pola empresa Orbital e teñen entre 20 e 24 transpondedores en banda C a bordo. Os dous primeiros foron lanzados en 2003 e 2005, mentres que o pedido Galaxy 15 foi modificado para ser construído como outro tipo de satélite.[5]
Galaxy 13 usa o bus HS-601 (BSS-601) e foi construído por encargo de PanAmSat e JSAT nunha iniciativa conxunta. Foi lanzado o 30 de setembro de 2003 mediante un foguete Zenit 3SL. Dá cobertura a norteamérica, Porto Rico, Alasca, Hawai e México. Leva a bordo 48 transpondedores, 24 en banda C e 24 en banda Ku.[6]
Galaxy 15 usa o bus Star 2 da empresa Orbita. Foi lanzado o 13 de outubro de 2005 mediante un foguete Ariane 5 e leva a bordo transpondedores en banda C e banda L. Ademais proporciona sinais do sistema GPS. En 2010 o satélite deixou de responder aos comandos enviados desde terra, aínda que seguía transmitindo a través dos seus transpondedores. En decembro de 2010, despois de moverse da súa órbita orixinal, as baterías do satélite esgotáronse, os sistemas se reiniciaron e puido retomarse de novo o control.[7]
Ambos levan a bordo 24 transpondedores de banda C e 24 de banda Ku. Os dous usan o bus SSL-1300, estabilízanse nos tres eixos e teñen unha esperanza de vida de 15 anos. Teñen unha masa duns 4640 kg. Galaxy 16 foi lanzado o 18 de xuño de 2006 e Galaxy 18 o 21 de maio de 2008, ambos mediante foguetes Zenit 3SL.[8]
Galaxy 17 é o primeiro satélite Galaxy encargado a unha empresa europea, Alcatel Alenia Space. Usa o bus Spacebus 3000B3 e ten 24 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Cunha masa de 4100 kg, ten unha esperanza de vida de 15 anos e os seus paneis solares poden producir 9,5 kW de potencia. Foi lanzado o 4 de maio de 2007 mediante un Ariane 5.[9]
Galaxy 19 foi construído por Space Systems Loral para Intelsat. Orixinalmente denominado Intelsat Americas-9, o seu nome foi cambiado a Galaxy 19. Usa o bus SSL-1300 e ten 28 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 4692 kg, unha esperanza de vida de 13 anos e foi lanzado o 24 de setembro de 2008 mediante un Zenit 3SL.[9]
Galaxy 30 usa o bus GEOStar 2 e pertence a Intelsat. Leva a bordo transpondedores de banda Ku, banda C e banda L. Ten unha masa de 3325 kg, unha esperanza de vida de 15 anos e foi lanzado o 15 de agosto de 2020 mediante un foguete Ariane 5.[10]
Galaxy 3C comezou sendo propiedade de PanAmSat para posteriormente pasar a ser de Intelsat. Leva a bordo 53 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 4810 kg, unha esperanza de vida de 15 anos e foi lanzado o 15 de xuño de 2002.[11]
Galaxy 3R usa o bus HS-601, comezou sendo propiedade de PanAmSat e logo o foi de Telesat. Leva a bordo 24 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 3069 kg, unha esperanza de vida mínima de 8 anos e foi lanzado o 15 de decembro de 1995 para substituír a Galaxy 3. O satélite sufriu un problema nos seus procesadores que levou a retiralo en xaneiro de 2006.[12]
Galaxy 4 e 7 foron lanzados para dar cobertura total á parte continental dos Estados Unidos e á zona do Caribe mediante sinais en banda C e Ku. Ambos foron lanzados mediante Ariane 4, o Galaxy 4 o 25 de xuño de 1993 e o Galaxy 7 o 28 de outubro de 1992. Ambos usaban o bus HS-601. O Galaxy 4 quedou prematuramente fóra de servizo o 19 de maio de 1998 por un fallo dos seus procesadores. O 13 de xuño de 1998 o Galaxy 7 tivo tamén problemas no seu procesador principal, cambiando ao procesador de apoio automaticamente. Estivo funcionando ata o 22 de novembro de 2000 en que o fallo do segundo procesador deixou o satélite inservible.[13]
Galaxy 4R e 10R usan o bus HS-601HP, unha variante de alta potencia do bus HS-601. Ambos foron lanzados mediante foguetes Ariane 4, o Galaxy 4R o 19 de abril de 2000 e o Galaxy 10R o 25 de xaneiro dese mesmo ano. Galaxy 4R foi retirado do servizo en abril de 2009.[14]
Galaxy 8i e 8iR usan tamén o bus HS-601HP. Galaxy 8iR foi cancelado, mentres que Galaxy 8i foi lanzado mediante un Atlas IIAS o 8 de decembro de 1997. Os seus paneis solares xeran 10 kW de potencia e leva a bordo 32 transpondedores en banda Ku. Foi retirado do servizo en febreiro de 2004.[15]
Os satélites Galaxy 33 e 34 usan o bus GEOStar 3 e ambos foron lanzados a bordo dun Falcon 9 o 8 de outubro de 2022. Levan unicamente transpondedores en banda C e son propiedade de Intelsat. Foron construídos por Northrop Grumman Innovation Systems (anteriormente Orbital ATK) e cada un ten unha masa de 3654 kg, cunha vida prevista de 15 anos.[16]
Son satélites de comunicación exclusivamente en banda C propiedade de Intelsat. Úsanse principalmente para transmisións televisivas. Construídos por Maxar, usan o bus SSL-1300.[17]
O Galaxy 37, que leva a bordo a carga útil Horizon 4, funciona en banda C, é propiedade de Intelsat e usa o bus SSL-1300. Foi lanzado o 3 de agosto de 2023 mediante un Falcon 9.[18]
Misión[1] | Data de lanzamento[1] | Foguete lanzador[1] | Notas[1] |
---|---|---|---|
Galaxy 1 | 28 de xuño de 1983 | Delta 3920 PAM-D | Éxito |
Galaxy 2 | 22 de setembro de 1983 | Delta 3920 PAM-D | Éxito |
Galaxy 3 | 21 de setembro de 1984 | Delta 3920 PAM-D | Éxito |
Galaxy 6 | 12 de outubro de 1990 | Ariane 4 | Éxito |
Galaxy 5 | 14 de marzo de 1992 | Atlas I | Éxito |
Galaxy 1R | 22 de agosto de 1992 | Atlas I | Fallo do lanzador. |
Galaxy 7 | 28 de outubro de 1992 | Ariane 4 | Éxito |
Galaxy 4 | 25 de xuño de 1993 | Ariane 4 | Éxito |
Galaxy 1R2 | 19 de febreiro de 1994 | Delta 7925 | Éxito |
Galaxy 3R | 15 de decembro de 1995 | Atlas IIA | Éxito |
Galaxy 9 | 24 de maio de 1996 | Delta 7925 | Éxito |
Galaxy 8i | 8 de decembro de 1997 | Atlas IIAS | Éxito |
Galaxy 10 | 27 de agosto de 1998 | Delta 8930 | Fallo do foguete lanzador. |
Galaxy 11 | 22 de decembro de 1999 | Ariane 4 | Éxito |
Galaxy 10R | 25 de xaneiro de 2000 | Ariane 4 | Éxito |
Galaxy 4R | 19 de abril de 2000 | Ariane 4 | Éxito |
Galaxy 3C | 15 de xuño de 2002 | Zenit 3SL | Éxito |
Galaxy 12 | 9 de abril de 2003 | Ariane 5 | Éxito |
Galaxy 13 | 1 de outubro de 2003 | Zenit 3SL | Éxito |
Galaxy 14 | 13 de agosto de 2005 | Soiuz-FG Frega | Éxito |
Galaxy 15 | 13 de outubro de 2005 | Ariane 5 | Éxito |
Galaxy 16 | 18 de xuño de 2006 | Zenit 3SL | Éxito |
Galaxy 17 | 4 de maio de 2007 | Ariane 5 | Éxito |
Galaxy 18 | 21 de maio de 2008 | Zenit 3SL | Éxito |
Galaxy 19 | 24 de setembro de 2008 | Zenit 3SL | Éxito |
Galaxy 33 | 8 de outubro de 2022 | Falcon 9 | Éxito |
Galaxy 34 | 8 de outubro de 2022 | Falcon 9 | Éxito |
Galaxy 31 | 12 de novembro de 2022 | Falcon 9 | Éxito |
Galaxy 32 | 12 de novembro de 2022 | Falcon 9 | Éxito |
Galaxy 35 | 13 de decembro de 2022 | Ariane 5 | Éxito |
Galaxy 36 | 13 de decembro de 2022 | Ariane 5 | Éxito |
Galaxy 37 | 3 de agosto de 2023 | Falcon 9 | Éxito |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.