From Wikipedia, the free encyclopedia
Galatea (ou en grego Γαλάτεια), tamén coñecida coma Neptuno VI, é o cuarto satélite máis próximo a Neptuno. Foi máis tarde nomeada Galatea, unha das Nereidas da mitoloxía grega.
Galatea vista dende a Voyager 2 (o difuso da imaxe causa un excesivo alongamento). | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Stephen P. Synnott[1] e o equipo de imaxes da Voyager |
Descuberta en | xullo do 1989 |
Características orbitais[2] | |
Eixo Semi-maior | 61.953 ± 1 km |
Excentricidade | 0,00004 ± 0,00009 |
Período orbital | 0,42874431 ± 0,00000001 d |
Inclinación | 0,052 ± 0,011° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,06° (respecto do plano local de Laplace) |
É satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Dimensións | 204×184×144 km (±~10 km)[3][4] |
Radio medio | 88 ± 4 km[5] |
Masa | 2,12 ± 0,08 x 1018 kg[6] |
Densidade media | 0,5 ± 0,1 g/cm3 |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
Albedo (albedo xeométrico) | 0,08[3][4] |
Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
Atmosfera | sen atmosfera |
Galatea foi descuberta a finais de xullo do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal de S/1989 N 4.[7] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que o descubrimento fora uns cantos días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[8].
Galatea amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[9].
A órbita de Galatea está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.
Galatea parece ser unha lúa pastor para o anel de Adam que está a 1000 km cara a fóra respecto da órbita da lúa. As resonancias con Galatea nunha taxa de 42:43 son consideradas coma o mecanismo máis probable de confinamento dos particulares arcos de anel que existen neste anel.[10] A masa de Galatea foi estimada a partir das perturbacións que esta crea no anel.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.