Pimpín do norte

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pimpín do norte

O pimpín do norte[1] (Fringilla montifringilla) é unha ave da familia Fringillidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Pimpín do norte

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Fringilla
Especie: F. montifringilla
Nome binomial
'Fringilla montifringilla'
(Linnaeus, 1758)
Pechar

Morfoloxía e Hábitos

A especie caracterízase por posuír un ventre branco, unhas ás escuras cunha franxa alar inferior esbrancuxada e unha superior laranxa, unha cabeza parda e un peteiro amarelo. A súa lonxitude oscila entre uns 14 e 16 centímetros. É menos común có pimpín, máis pódese verse reunido en amplos flocos en Centroeuropa, sobre todo no inverno.

O seu reclamo é duro, nasal; o chío, zumbante, tamén nasal.

O seu niño ten forma de cunca, forrado de liques, codias, raíces e talos, pelo e plumas; alberga de cinco a sete ovos, postos nunha niñada, de maio a xuño.

Aliméntase de insectos e sementes, que captura no chan.

Distribución

Aniña na Escandinavia, nordés de Europa e en gran parte da Rusia occidental, sendo o seu hábitat predilecto os bosques caducifolios de bidueiros ou os bosques de coníferas. En inverno, realiza migracións masivas do leste cara ao oeste, chegando ata o extremo sur da Península Ibérica. Durante o inverno prefire os bosques de faias, bidueiros e abetos; pode formar grupos, bandadas, enormes: de ducias a millóns de exemplares. Estes grupos buscan lugares illados do vento ou con temperaturas algo máis suaves. Ademais estes grandes grupos melloran a eficiencia á hora de buscar alimento e reducen os riscos ante posibles depredadores. Descoñécense as súas dinámicas migratorias, mais tense observado que adoitan migrar máis cara ó sur en invernos moi fríos, e que as femias e os xuvenís teñen tendencia a chegar a rexións máis meridionais cós machos.[2] Na Península Ibérica chega entre os meses de outubro e marzo. En Galicia, trátase dunha especie regular nos invernos, mais de número escaso. Sendo frecuente que estes individuos se agrupen entre eles ou con outras especies de Frinxílidos, especialmente liñaceiros e pimpíns. Tense observado que en Galicia, a especie conta con máis efectivos nos meses de novembro a decembro, e que prefiren as comarcas agrícolas máis interiores.[3]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.