From Wikipedia, the free encyclopedia
John Fredrik Reinfeldt, nado en Haninge o 4 de agosto de 1965, é un político sueco, primeiro ministro do seu país e líder do conservador Partido Moderado. Foi elixido líder da súa formación o 25 de outubro de 2003, sucedendo no cargo a Bo Lundgren. Logo das eleccións lexislativas do 17 de setembro de 2006 converteuse en primeiro ministro de Suecia.
Reinfeldt naceu na viliña de Österhaninge, en Haninge, na provincia de Condado de Södermanland e medrou en Tensta, Estocolmo. Xa de mozo se integrou nas mocidades do Partido Moderado, e foi un activo militante durante o seu tempo de estudo na Universidade de Estocolmo, onde se licenciou en Económicas en 1990.
Foi escollido como deputado nas eleccións lexislativas de 1991 cando os conservadores do Partido Moderado regresaron ao goberno da man do seu líder, o primeiro ministro Carl Bildt. Nese tempo foi secretario xeral das mocidades da súa formación, impoñéndose á facción máis liberal.
Baixo o liderado de Reinfeldt, que comezou en 2003, a súa formación gañou espazo cara ao centro do espectro político, e fixo do recurtamento de impostos nas clases medias a súa bandeira. Ao mesmo tempo, reduciu a súa belixerancia con respecto ao estado do benestar sueco. Á fronte da Alianza por Suecia, integrada por conservadores, liberais, centristas e democristiáns, conseguiu derrotar por estreita marxe o primeiro ministro socialdemócrata Göran Persson.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fredrik Reinfeldt |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.