numismático e historiador alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Frank Berger, nado en Wipperfürth en 1957, é un historiador e numismático alemán especializado na moeda da Antiga Roma.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 Wipperfürth, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemán |
Educación | Universidade de Hannover. |
Q89547790 | Estudos de moeda romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Lugar de traballo | Hannover Frankfurt |
Ocupación | historiador , conservador , numismático |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
2007: Premio da GIG. |
Tras concluír o bacharelato en 1976 nun instituto da súa cidade natal, Frank Berger cursou estudos superiores de Historia e de Filoloxía Alemá e Arqueoloxía entre 1977 e 1984 en Muenster e Bochum. Posteriormente acadou o seu doutoramento pola Universidade de Hannover en 1990.[1]
Logo da súa etapa formativa, traballou na Comisión Arqueolóxica da Baixa Saxonia, en Hannover, entre 1984 e 1985. Este último ano formou parte do grupo de fundadores da Sociedade Konrad Baye. De 1985 a 1997 traballou como colaborador científico no Museo Kestner de Hannover, e a partir dese último ano pasou a ocupar o cargo de conservador do Museo Histórico de Frankfurtrt,[1][2] como responsable do seu gabinete de moedas, armas e armaduras, tecnoloxía, maquetas e dioramas.
Paralelamente, desde 1992 Berger, exerceu a docencia nas universidades de Hannover, de Osnabrück, de Frankfurt e de Marburgo.
Berger ten publicacións diversas no campo da numismática; é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán desde 2005,[3] e tamén forma parte da Comisión Numismática dos Estados Alemáns.[1][4] O seu principal campo de investigación é a moeda da Antiga Roma, e focaliza a súa atención na datación de moedas romanas procedentes de batallas romano-xermánicas, como a de Harzhorn e a de Varo.[5][6]
Outro dos seus ámbitos de interese son as investigacións sobre as rexións polares, e forma parte da Associazione Viaggi Polari.[1]
Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas ao longo da traxectoria académica de Frank Berger:[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.