From Wikipedia, the free encyclopedia
A fractura escapular ou fractura da omoplata é unha fractura do óso chamado escápula ou omoplata, no ombreiro. A escápula é un óso par, e localizado nun lugar protexido do corpo, polo que a súa lesión ben é moi rara, ben é debido a traumatismos de alta enerxía coma accidentes de tránsito. Debido a esta característica, esta fractura adoita acompañerse doutras fracturas e lesións asociadas sobre todo do tórax e das extremidades superiores. Os signos e síntomas son moi similares ás das demais fracturas e inclúen dor, rixidez, e impotencia funcionar na área da fractura. Os síntomas, aínda así, poden tardar días en aparecer. As téxnicas de imaxe como os raios X empréganse para diagnosticar a fractura escapular, pero o estudo da lesión non se debe limitar á escápula xa que é moi frecuente que se presenta asociada a outras fracturas. As fracturas asociadas en maior medida á fracturas escapular son: lesións torácicas, contusións pulmonares, hemotórax, pneumotórax, fracturas costais, fracturas de clavícula e lesións neurovasculares. De feito hai unha tríade típica dos accidentes de circulación que é a propia fractura da escápila con fracturas costais e hemotórax ou pneumotórax.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Para coñecer a anatomía da escápula ver: Omoplata
As fracturas de omoplata clasifícanse polo lugar anatómico desta onde se producen. A gravidade da fractura será maior se afecta a partes da escápula que estean en contacto con articulacións ou ligamentos, e será menor en zonas onde non exista compromiso articular, como no corpo ou na espiña escapular. Así pois, anatomicamente a fractura pode producirse en diferentes lugares establecendo así o tipo de fractura:
Igual que nos demais tipos de fracturas, a fractura escapular causa dor localizada na área da fractura, neste caso a omoplata. Tamén causa debilidade e crepitacións. Pode existir imposibilidade para mover o ombreiro ou elevar o brazo. Os signos e os síntomas poden estar acompañados doutros síntomas procedentes doutras fracturas ou lesións, por mor da existencia de politraumatismos e múltiples lesións.
A maioría das fracturas escapulares poden diagnosticarse por medio de raios X. Porén, a coexistencia doutras fracturas de maior gravidade nos pacientes con fractura de escápula, poden distraer ou atrasar o diagnóstico, mesmo pasalo por alto. Para un correcto diagnóstico con raios X é preciso realizar unha tríade de proxeccións, que inclúen: proxección anteroposterior, oblicua cefálica en 45º e perfil en Y. Tamén é preciso realizar unha raiografía de tórax para valorar a presenza de fracturas costais, pneumotórax, e outras lesións asociadas. A tomografía computadorizada tamén é de utilidade nas lesións escapulares. A resonancia permite valorar ademais a musculatura e os vasos e nervios da omoplata.
O tratamento dependerá do tipo e da gravidade da fractura. Polo xeral, trátase de establecer un tratamento ortopédico con xeso. Porén, hai determinadas fracturas que, polas súas características, han de ser tratadas cirúrxicamente. Estas son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.