From Wikipedia, the free encyclopedia
Foton M é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos adicados á investigación de materiais e sucesores dos satélites Foton. O programa Foton foi desenvolvido para estudar o efecto da exposición ás condicións do espazo de diversos materiais. Os Foton M están formados en realidade á súa vez por dúas familias de satélites, os modelo 34KS e os 34 KSM.[1]
Os Foton M 34KS son unha versión mellorada dos Foton, con baterías melloradas, un mellor control térmico e melloras na telemetría e nas telecomunicacións para mellorar a capacidade de transmisión de datos para pasar ata 15 días no espazo. Lanzárose tres entre 2002 e 2007, todos a bordo de Soiuz U, co primeiro non chegando a órbita pola explosión do foguete durante o lanzamento. Tiñan unha masa de 6410 kg.[2]
Os Foton M 34KSM sustitúen o módulo de propulsión típico dos Foton por un módulo Yantar que permite misións máis longas, de ata seis meses, para o cal, a diferenza dos modelos anteriores, necesitan usar paneis solares. A carga útil que poden levar a bordo incrementouse en 100 kg. A masa total deste modelo é de 6840 kg.[3]
Misión[2][3] | Data de lanzamento[2][3] | Data de regreso[2][3] | Notas[2][3] |
---|---|---|---|
Foton M 1 | 15 de outubro de 2002 | N/A | Modelo 34KS. Destruído pola explosión do foguete lanzador. |
Foton M 2 | 31 de maio de 2005 | 16 de xuño de 2005 | Modelo 34KS. |
Foton M 3 | 14 de setembro de 2007 | 26 de setembro de 2007 | Modelo 34KS. |
Foton M 4 | 18 de xullo de 2014 | 1 de setembro de 2014 | Modelo 34KSM. Regresou antes de tempo por problemas técnicos. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.