lugar de enterramento colectivo de cadáveres humanos From Wikipedia, the free encyclopedia
Fosa ou foxa común[1] é o lugar onde se enterran os cadáveres que por diversas razóns non teñen sepultura propia. As fosas comúns foron, ao longo da humanidade, un método moi usado para dispor dos cadáveres de dúas ou máis persoas.
As fosas comúns utilízanse en caso de catástrofes naturais e epidemias cando existe risco de contaxios masivos. Durante a época da peste negra, por exemplo, abríronse fosas comúns para conter os cadáveres dos infectados con este mal.
Máis comunmente, as fosas comúns son propias de guerras. Durante a segunda guerra mundial, por exemplo, os nazis utilizáronas como cemiterio de xudeus asasinados, nalgunhas ocasións mesmo lanzaban corpos aínda con vida.
Tamén as guerrillas fixeron uso das fosas comúns, a miúdo nas súas accións contra a poboación civil. En réximes totalitarios, é ás veces o propio exército o que enterra os seus represaliados por razóns ideolóxicas en fosas anónimas. As fosas sen sinalizar conseguen deste xeito ocultar o resultado das súas atrocidades pasando inadvertidas durante décadas e impedindo aos familiares honrar os seus defuntos. Moitas das que se atoparon fórono grazas ao testemuño de testemuñas ou de arrepentidos.
Nalgúns pobos, aínda persiste a tradición de contar cunha fosa común nos cemiterios para enterrar os cadáveres das persoas non identificadas e/ou non reclamadas. Este tipo de fosas comúns recibe en castelán o nome de hoyanca.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.