From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Foros eran o conxunto de leis particulares, propias dun lugar ou territorio, que incluían costumes, privilexios políticos, económicos e mesmo normas penais, refrendados, normalmente, polo monarca. Para o País Vasco non houbo un foro único, senón que eran propios de cada unha das tres provincias, á parte de foros singulares de tipo municipal. Navarra, monarquía independente ata 1512, tiña o seu propio ordenamento. Porén as semellanzas nas normas e as coincidencias no funcionamento permiten falarmos de Foros xerais ou Foros vascos para o territorio vasco e navarro.
Estes foros desenvolvéronse na Idade Media e durante o Antigo Réxime, e mantivéronse ata 1839, sendo orixe a partir desa data de fortes controversias, que conduciron ata enfrontamentos armados, especialmente as denominadas guerras carlistas.
Os aspectos máis comúns dos Foros xerais inclúen:
A total autonomía económica permitía adoptar planos propios neste campo.
Un segundo era a exención de servizo militar. Os continxentes cedidos ao exército real tiñan que ser aprobados polas Xuntas Xerais ou polas Cortes, segundo territorio; as Deputacións recrutaban forzas en caso necesario.
O monarca velaba o cumprimento das súas normas a través dun corrixidor no País Vasco e do vicerrei en Navarra. O corrixidor presidía as Xuntas. Cada rei estaba obrigado a xurar os foros en Gernika, e á súa vez os deputados a xurarlle lealdade, bicándolle as mans.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.