Palestina presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2003. No ano 2002, Palestina xa intentara sen éxito presentarse nesta categoría. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, Palestina presentou dezaseis filmes ó Óscar ó mellor filme internacional e conseguiu dous nomeamentos, un por Paradise Now en 2006 e outro por Omar en 2013.
Propostas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Palestina para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Tódolos filmes foron rodados principalmente en lingua árabe.
Ano (Cerimonia) | Título | Título en árabe | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2003 (76ª) |
Yadon ilaheyya | يد إلهية | Elia Suleiman | Non nomeado |
2004 (77ª) |
The Olive Harvest | موسم زيتون | Hanna Elias | Non nomeado |
2005 (78ª) |
Paradise Now | الجنّة الآن | Hany Abu-Assad | Nomeado |
2008 (81ª) |
Milh hadha al-bahr | ملح هذا البحر | Annemarie Jacir | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Lamma Shoftak[6] | لما شفتك | Annemarie Jacir | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Omar[7] | عمر | Hany Abu-Assad | Nomeado[8] |
2014 (87ª) |
Eyes of a Thief[9] | عيون الحراميه | Najwa Najjar | Non nomeado |
2015 (88ª) |
The Wanted 18[10] | Paul Cowan, Amer Shomali | Non nomeado | |
2016 (89ª) |
Ya tayr el tayer[11] | يا طير الطاير | Hany Abu-Assad | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Wajib[12] | واجب | Annemarie Jacir | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Istiyad Ashbah[13] | إصطياد اشباح | Raed Andoni | Non nomeado |
2019 (92ª) |
It Must Be Heaven[14] | It Must Be Heaven | Elia Suleiman | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Gaza mon amour[15] | غزة حبيبتي | Tarzan Nasser e Arab Nasser | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Al-Gharīb[16] | الغريب | Ameer Fakher Eldin | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Ḥamaa albaḥr almutawasiṭ[17] | حمى البحر المتوسط | Maha Haj | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Bāy Bāy Ṭabariyya[18] | باي باي طبريا | Lina Soualem | Non nomeado |
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.