From Wikipedia, the free encyclopedia
Willie Maxwell II, máis coñecido como Fetty Wap, nado en Paterson, Nova Jersey o 7 de xuño de 1991, é un rapeiro estadounidense que debutou con "Trap Queen", que se converteu nun éxito nos Estados Unidos. Posteriormente, publicou "679" e "My Way" que tamén se posicionaron nas dez primeiras posicións dunha lista popular estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Willie Junior Maxwell II 7 de xuño de 1991 (33 anos) Paterson, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Outros nomes | Fetty Wap |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Eastside High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro , cantante , compositor de cancións |
Período de actividade | 2014 - |
Xénero artístico | Música hip hop, música trap, R&B contemporáneo, música pop e Pop rap (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Atlantic Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Páxina web | fettywap.com |
En 2013, Wap comezou a facer música como un rapeiro solista e despois interesouse en cantar porque "quería facer algo diferente". A finais de 2013, inspirado nunha muller escribiu unha canción chamada "Trap Queen", que gravou en marzo de 2014 co produtor Tony Fadd, de RGF Productions.
A comezos de novembro de 2014, firmou un acordo de gravación con 300 Entertainment e RGF Productions. O 15 de decembro lanzou en iTunes unha nova versión de "Trap Queen". Wap integrou un grupo de rap chamado Remy Boyz 1738, no que tamén participaron P-Dice e Montana Monty Buckz, o artista foi alcumado "Fetty", un argot para referirse aos cartos, xa que o seu propósito como rapeiro era facer cartos; posteriormente engadiu "Wap" ao final do pseudónimo para homenaxear a Gucci Mane, quen tamén é coñecido como Guwop.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fetty Wap |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.