From Wikipedia, the free encyclopedia
A festa da Guadalupe é unha festa que se celebra en Rianxo durante a segunda semana de setembro na honra da súa Virxe, Moreniña. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.
Destaca a procesión marítima, na que a imaxe da Virxe se pasea pola ría de Arousa acompañada por unha comitiva de barcos engalanados. As festas da vila duran unha semana, o venres, coincidindo co último día das festas, cántase "A Rianxeira", canción dedicada a esta Virxe.
O 8 de setembro de 2012, durante os festexos da Guadalupe, inaugurouse a nova imaxe da Moreniña na praia de Quenxo, obra do escultor alemán Bert Gerresheim. A imaxe anterior, obra de Asorey, desaparecera e por mor disto a Asociación A Moreniña coa colaboración do Concello de Rianxo buscou a maneira de pór unha nova no lugar onde estivera tantos anos a estatua anterior.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.