Fernando Ramos Cerviño, nado en Ourense o 24 de febreiro de 1884 e finado na mesma cidade a finais de febreiro de 1973,[1] foi un avogado e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaFernando Ramos Cerviño
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
28 de febreiro de 1936 – 2 de abril de 1936

Circunscrición electoral: Ourense
Deputado nas Cortes republicanas

7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Militante do Partido Liberal do sector romanonista, co que foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1919. Durante a Segunda República militou no Partido Republicano Radical, co que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933, pero en 1935 abandonou o partido xunto a Basilio Álvarez. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse polo Partido de Centro e foi elixido, aínda que a súa acta foi anulada, causando baixa o 2 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu represión económica. Despois da guerra civil foi decano do Colexio de Avogados de Ourense dende 1951.

Vida persoal

Casou con Amparo Gutiérrez Hernández en 1917.[2]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.