Fernando III (Graz, 13 de xullo de 1608Viena, 2 de abril de 1657) foi o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Arquiduque de Austria desde 1637 ata a súa morte, así como Rei de Hungría, Bohemia e Croacia. Era fillo do emperador Fernando II e da súa primeira esposa María Ana de Baviera.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaFernando III de Habsburgo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Ferdinand III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1608 Editar o valor en Wikidata
Graz, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 1657 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
18 de novembro de 1637 – 2 de abril de 1657
 Fernando II de HabsburgoEmperador Leopoldo I 
Rei Apostólico de Hungría
15 de febreiro de 1637 – 2 de abril de 1657 (finado no cargo)
 Fernando II de HabsburgoEmperador Leopoldo I 
Príncipe elector
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Graz
Praga
Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, monarca Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneralísimo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLeonor de Gonzaga-Nevers (1651, 1651–1657)
Maria Leopoldina da Áustria-Tirol (1648–1649)
María Ana de Austria (1631–1646) Editar o valor en Wikidata
FillosFernando IV de Habsburgo
 () María Ana de Austria
Mariana de Austria
 () María Ana de Austria
Philip August von Habsburg
 () María Ana de Austria
Maximilian Thomas Erzherzog von Österreich
 () María Ana de Austria
Emperador Leopoldo I
 () María Ana de Austria
Marie von Habsburg
 () María Ana de Austria
Carlos José de Habsburgo
 () Maria Leopoldina da Áustria-Tirol
Theresia Maria Josefa von Habsburg
 () Leonor de Gonzaga-Nevers
Leonor da Áustria, Rainha da Polónia
 () Leonor de Gonzaga-Nevers
Maria Ana Josefa de Áustria
 () Leonor de Gonzaga-Nevers
Ferdinand Josef Alois Erzherzog von Österreich
 () Leonor de Gonzaga-Nevers Editar o valor en Wikidata
PaisFernando II de Habsburgo Editar o valor en Wikidata  e María Ana de Baviera (1574–1616) Editar o valor en Wikidata
IrmánsCecília Renata de Áustria
Maria Ana de Áustria, Eleitora da Baviera
Archduke John Charles of Austria
Leopold, Archduke of Austria Wilhelm Editar o valor en Wikidata
ParentesFernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico, avó paterno Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
diet in 1625 of Sopron (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRiemann's Music Dictionary (en) Traducir
Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1626422 Discogs: 5564581 WikiTree: Hapsburg-23 Find a Grave: 22380 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Biografía

Infancia e xuventude

Fernando III foi o terceiro fillo de Fernando II e María Ana de Baviera. Educado polos xesuítas en Ingolstadt, foi un bo músico e un notable erudito. Johann Jakob von Dhaun, un Orde dos Hospitalarios, tamén tivo unha grande influencia na educación do príncipe.

Arquiduque de Austria, en decembro de 1625, foi coroado, en 8 de decembro de 1626, Rei de Hungría e Rei de Croacia e, en 21 de novembro de 1627, Rei de Bohemia. Despois diso, esixiu o mando supremo das tropas imperiais e a participación nas campañas de Albrecht von Wallenstein, uníndose aos inimigos de Wallenstein e contribuíndo á súa expulsión.

Comandante militar

Despois da morte de Wallenstein converteuse, o 2 de maio de 1634, en comandante en xefe e co apoio dos xenerais Matthias Gallas e Octavio Piccolomini, tomou Donauwörth e Regensburg, gañou a Batalla de Nördlingen en setembro de 1634 e expulsou os suecos do sur de Alemaña. Debido ás súas conquistas tamén adquiriu influencia política. Líder do partido da corte pacifista, axudou a negociar a Paz de Praga cos estados protestantes, especialmente Saxonia en 1635. Despois seguiu as estratexias bélicas do seu irmán, o arquiduque Leopoldo Guillerme de Habsburgo.

Emperador

En 30 de decembro de 1636 converteuse en Rei dos Romanos. En 15 de febreiro de 1637, despois da morte do seu pai, converteuse no Sacro Emperador Xermánico. Herdando a situación creada pola Guerra dos Trinta Anos, procurou incansablemente establecer negociacións de paz, que comezaron en 1644 pero que non concluíron ata 1648 coa Paz de Westfalia (Tratado de Münster con Francia e Tratado de Osnabrück con Suecia). A firme negativa de Fernando a permitir a liberdade de culto nos seus territorios e a reanudación da expulsión dos rebeldes (Contrarreforma) contribuíron enormemente ao atraso na consecución dos acordos de paz.

Despois de que Fernando conseguise que a Dieta de Ratisbona elixise ao seu fillo Fernando IV, Rei dos Romanos en 1653, a pesar de morrer antes que el o 9 de xullo de 1654 e de ter forxado unha alianza cos polacos contra os suecos, morreu o 2 de abril, 1657.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.