actor de teatro español From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Fernández de Córdoba, nado en Madrid o 28 de novembro de 1897 e finado no mesmo lugar o 28 de febreiro de 1982, foi un actor español.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1897 Madrid, España |
Morte | 28 de febreiro de 1982 (84 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de cinema |
Comezou na carreira militar pero deixouna para dedicarse ao teatro. Debutou en 1919 na compañía de Manuel González e Carmen Muñoz e durante anos representou diversas obras até dar o paso ao cine. O primeiro filme no que participou foi Las de Méndez, un filme mudo de Fernando Delgado de 1927. Deuse a coñecer durante a Segunda República con filmes como Odio, Vidas rotas ou El genio alegre, cuxa rodaxe tivo que ser interrompida debido ao inicio da Guerra Civil.[2] E foi precisamente durante a contenda onde Fernández de Córdoba coñeceu a fama, pois era el o encargado de ler os partes de guerra que o bando nacional emitía por RNE, incluído o famoso último parte de guerra, emitido o 1 de abril de 1939 ás 22:30, que daba por rematada a guerra.[1][3]
Despois da guerra continuou co cine, converténdose nun dos actores secundarios máis habituais do cine de posguerra, aínda que tamén foi o protagonista dalgunhas producións como El famoso Carballeira, Sangre en la nieve ou El frente de los suspiros. A finais da década de 1950 deixa definitivamente a actuación para dedicarse á ensinanza e formación interpretativa. Dirixiu a Real Escuela Superior de Arte Dramático e logo viviu os seus últimos anos apartado de toda actividade profesional até a súa morte en 1982.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1927 | Las de Méndez | ||
1929 | Agustina de Aragón | ||
1935 | Vidas rotas | Juan Gras | |
1939 | El genio alegre | Julio | |
1940 | El famoso Carballeira | ||
1942 | Unos pasos de mujer | ||
1942 | Sangre en la nieve | Don Guillermo | |
1942 | El frente de los suspiros | Servando Ortigueira | |
1943 | Misterio en la marisma | Carlos Almenares | |
1943 | Con los ojos del alma | Román | |
1944 | Altar mayor | Don Elías | |
1945 | Ángela es así | Gonzalo Rivera | |
1945 | Bambú | Don Arturo, o indiano traidor | |
1946 | Mar abierto | Juan Reboredo | |
1946 | Cuando llegue la noche | Daniel | |
1946 | Templos románicos | Voz | Curtametraxe |
1946 | La imperial Tarragona | Voz | Curtametraxe |
1946 | El emigrado | Don Ignacio Ibarrola | |
1947 | Reina santa | Pedro III de Aragón | |
1947 | La nao Capitana | Fray José | |
1947 | La fe | Sr. Osuna | |
1947 | La dama del armiño | Fray Hortensio Paraviccino | |
1948 | Botón de áncora | Director da Escola Naval de Marín | |
1948 | Las aguas bajan negras | Don César | |
1948 | La calle sin sol | ||
1948 | Hoy no pasamos lista | ||
1949 | Sabela de Cambados | Juan de Mourente | |
1949 | Una mujer cualquiera | Doutor | |
1949 | El santuario no se rinde | Don Pedro | |
1949 | Aventuras de Juan Lucas | ||
1950 | La esfinge maragata | ||
1950 | Rumbo | Gabriel Hurtado Mendoza | |
1950 | Pequeñeces... | ||
1950 | De mujer a mujer | Doctor Hernández | |
1950 | El pasado amenaza | ||
1950 | Agustina de Aragón | Gobernador | |
1950 | Don Juan | Don Félix Calderón | |
1951 | La trinca del aire | Uceda | |
1951 | El gran Galeoto | ||
1952 | Lola, la piconera | Xeneral Alburquerque | |
1952 | La estrella de Sierra Morena | Corrixidor | |
1953 | ¡Che, qué loco! | Rosendo | |
1953 | El seductor de Granada | Ramón Altamira | |
1953 | La alegre caravana | ||
1953 | Nadie lo sabrá | Subdirector | |
1957 | Las últimas banderas | ||
1957 | Las aeroguapas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.