trobador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernand' Esquio ou Fernand' Esqyo, escrito Fernando Esquío coa grafía moderna, foi un trobador galego de fins do século XIII e comezos do século XIV.[1] Dá nome a un instituto de educación secundaria de Neda.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII Neda |
Morte | século XIV |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Nado no século XIII, en Neda ou en localidades achegadas, xa que o seu apelido era común nalgunhas vilas da actual comarca de Ferrol, é posible que pertencese a unha familia nobre, posto que había Esquíos ao servizo dos condes de Andrade e como priores do mosteiro de San Martiño de Xuvia. Estudosos como Ricardo Carballo Calero sosteñen que o seu apelido puido ser Esguío, como outros trobadores medievais que tiveron ou adoptaron o nome dun animal como apelido.[3]
Puido ter vinculacións coas cidades de Lugo e Santiago de Compostela, pois ambas cidades aparecen nalgunha das súas obras.[4]
No súa localidade natal, Neda, hai un instituto público que leva o seu nome, o IES Fernando Esquío.
Consérvanse nove cantigas súas, que se dividen en catro de amigo, tres de escarnio e dúas de amor.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.