From Wikipedia, the free encyclopedia
Felixberto Camacho Flores, nado o 13 de xaneiro de 1921 en Agaña (Guam) e finado o 25 de outubro de 1985 en San Francisco, foi un eclesiástico católico latino de Guam, bispo de Agaña (a partir de 1984 arcebispo) dende 1971 até o seu pasamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1921 Agaña - Hagatña, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de outubro de 1985 (64 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Arcebispo católico | |
8 de marzo de 1984 – ← Apollinaris William Baumgartner (pt) – Anthony Sablan Apuron → | |
Bispo diocesano | |
24 de abril de 1971 – ← Apollinaris William Baumgartner (pt) | |
Titular bishop of Stagnum (en) | |
5 de febreiro de 1970 – Diocese: titular see of Stagnum (en) | |
Administrador apostólico | |
5 de febreiro de 1970 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1970–), sacerdote católico (1949–) |
Consagración | Luigi Raimondi |
Felixberto Camacho Flores naceu en Agaña o 13 de xaneiro de 1921.[1] Foi fillo de León Flores, un activista pola independencia de Filipinas que fora preso político en Guam,[2] e de Ana Martínez Camacho.[3] Comezou estudos de Enxeñaría no Ateneo de Manila, mais deixounos para ser sacerdote.[3] O 30 de abril de 1949 foi ordenado sacerdote polo bispo de Agaña Apollinaris William Baumgartner.[3][1]
O 5 de febreiro de 1970 Flores foi nomeado administrador apostólico de Agaña e bispo titular de Stagnum.[1] Recibiu a consagración episcopal o 17 de maio de mans do delegado apostólico nos Estados Unidos Luigi Raimondi, e tivo como co-consagradores principais ao administrador apostólico de Naha Felix Ley e ao vigairo apostólico coadxutor das illas Carolinas e Marshall Martin Joseph Neylon.[3]
O 24 de abril de 1971 foi nomeado bispo diocesano de Agaña,[1] converténdose no primeiro bispo de etnia chamorro.[4][3][5] Como bispo, acolleu ao papa Xoán Paulo II na súa visita a Guam en febreiro de 1981.[6][7] O mesmo papa elevou a sé ao rango de arquidiocese, o 8 de marzo de 1984, e Flores foi nomeado arcebispo.[6][8] Durante o seu pontificado participou activamente en varios debates sociais, como apoiando o «Non» no referendo sobre a legalización dos casinos de 1977 ou defendendo a postura provida sobre o aborto,[3] causas para nas que involucrou á senadora Elizabeth Perez Arriola.[9][10][11] Foi tamén o principal impulsor da causa de beatificación de Diego Luis de San Vitores, beatificado en Roma o 6 de outubro de 1985.[3][12][13]
Durante o seu pontificado preocupouse da educación das nenas, e continuou o labor do seu predecesor impulsando a feminina Academia de Nosa Señora de Guam.[14] Impulsou tamén un novo hospital, coa intención de que completara ao público Guam Memorial Hospital, mais aos dous anos foi vendido ao goberno.[15] No eido político, involucrouse nas negociacións pola regularización do status das Marianas do Norte e da súa relación cos Estados Unidos de América, que finalizaron cando pasaron a ser un estado libre asociado.[16][17]
Finou no cargo, o 25 de outubro de 1985 en San Francisco, dun paro cardíaco logo dunha operación a corazón aberto.[3][18] Está enterrado na catedral do Doce Nome de María.[3]
Unha rúa en Agaña leva o seu nome, Archbishop F.C. Flores Street.[19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.