Os corvos mariños (Phalacrocoracidae) son unha familia de aves acuáticas. Aliméntanse dos peixes que capturan baixo a auga. Impúlsanse principalmente coas patas; poden mergullarse durante máis dun minuto, e alcanzan unha profundidade de aproximadamente 10 m. A diferenza das plumas da maioría das aves acuáticas, as plumas dos corvos mariños non son completamente impermeables, o que lles permite afundirse e mergullar con facilidade. Unha vez en terra, estenden as ás para secalas. Ademais, regulan o volume dos seus sacos aéreos.
Corvos mariños | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phalacrocorax urile. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
Existen unhas 30 especies de corvos mariños, e é seguramente o corvo mariño grande o máis estendido. Vive en lagos e estuarios, así como nas costas e constrúe o seu niño en cantís ou en árbores. Ten un tamaño de até 90 cm de longo e pódese atopar en augas doces e costas de todo o mundo.
Pesca con corvo mariño
En certas localidades de China, como en Guilin, nas beiras do río Li ou no lago Erhai, utilízase o corvo mariño para a pesca. Átaselle un cordel na parte inferior do pescozo de forma que poida capturar un peixe, pero non tragalo. O pescador, unha vez que o corvo mariño capturou o peixe, extráello (xa que quedou aprisionado no pescozo), e dispono para efectuar novas capturas.
Taxonomía
A familia componse de tres xéneros:[1]
- Microcarbo
- Phalacrocorax
- Leucocarbo
- Gulosus
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.