From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación de Construtores de Fórmula 1 (en inglés Formula One Constructors Association, FOCA) é unha organización dos fabricantes de chasis (construtores) que deseñan e constrúen os coches que corren no Campionato do Mundo de Fórmula Un da FIA.
É unha derivación da anterior Asociación de Construtores de Fórmula 1 (F1CA, o nome foi cambiado debido ás connotacións desafortunadas nalgúns idiomas) e chegou a estar dominada por Bernie Ecclestone e Max Mosley (orixinalmente un cofundador de March Engineering). Frank Williams, Colin Chapman, Teddy Mayer, Ken Tyrrell eran tamén membros importantes. A FOCA serviu para representar os intereses dos seus equipos privados - polo xeral contra os organizadores das carreiras e máis tarde contra os fabricantes propietarios de equipos ou fornecedoresdoutros, como Ferrari, Matra e Alfa Romeo. Ecclestone converteuse en director executivo da organización en 1978, con Mosley asumindo o rol de asesor legal.
Na década de 1980, a organización rachou co organismo reitor do deporte - a FISA. A resolución deste conflito fixo que Ecclestone tomase un papel máis importante no funcionamento do deporte coa creación da FOA (Formula One Administration).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.