From Wikipedia, the free encyclopedia
FLTSATCOM (acrónimo de Fleet Satellite Communications System) é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos construídos por TRW para a Armada. Lanzáronse oito entre 1978 e 1989, todos desde Cabo Cañaveral, e dos cales dous fallaron. O sistema de satélites proporcionaba unha cobertura global na banda de UHF entre aeronaves, buques, submarinos, instalacións en terra e o Mando Aéreo Estratéxico. Os satélites poden dividirse en dous bloques: o primeiro, que abarca os cinco primeiros satélites, eran máis lixeiros e con menos capacidades que os do segundo bloque. Os satélites FLTSATCOM foron substituídos polos satélites UFO.[1]
Os satélites do primeiro bloque tiñan unha masa duns 1880 kg e unha esperanza de vida de 12 anos en órbita. Usaban 12 transpondedores en UHF e se alimentaban mediante paneis solares. Tiñan unha antena principal duns 3 m de diámetro. Os cinco foron lanzados mediante foguetes Atlas SLV-3D, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[2]
Os satélites do segundo bloque tiñan unha maior masa, ata uns 2300 kg, unha esperanza de vida de 12 anos en órbita e tamén 12 transpondedores, así como a mesma antena de 3 metros de diámetro. Adicionalmente levaban unha antena helicoidal de case 4 m de longo. Os paneis solares lles proporcionaban ata 1200 W de potencia. A bordo levaban tamén equipamento para a banda EHF a modo de proba, para novos terminais en desenvolvemento. Os tres foron lanzados mediante foguetes Atlas G, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[3]
Voo[1][2][3] | Data[1][2][3] | Carga[1][2][3] | Resultado[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|---|
1 | 9 de febreiro de 1978 | FLTSATCOM 1 | Éxito | |
2 | 4 de maio de 1979 | FLTSATCOM 2 | Éxito | |
3 | 18 de xaneiro de 1980 | FLTSATCOM 3 | Éxito | |
4 | 31 de outubro de 1980 | FLTSATCOM 4 | Éxito | |
5 | 6 de agosto de 1981 | FLTSATCOM 5 | Fallo | Problema coa cofia do foguete, deixando o satélite en órbita pero inservible. |
6 | 26 de marzo de 1987 | FLTSATCOM 6 | Fallo | Desvío do foguete do seu curso polo impacto dun raio. |
7 | 5 de decembro de 1986 | FLTSATCOM 7 | Éxito | |
8 | 25 de setembro de 1989 | FLTSATCOM 8 | Éxito |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.