adestrador de fútbol español From Wikipedia, the free encyclopedia
Félix Gila Esteban, nado en Donostia o 20 de novembro de 1895, foi un masaxista e adestrador de fútbol español. Foi un dos primeiros adestradores do Deportivo da Coruña, ao que dirixiu en catro etapas, gañando tres Campionatos de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1895 (129 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de fútbol, masaxista |
Deporte | fútbol |
Despois de traballar como masaxista no Betis trasladouse á Coruña en 1926, para ser o novo masaxista e adestrador do Deportivo da Coruña.[1] O club coruñés reforzouse para esa tempada 1926/27 do Campionato de Galicia con varios xogadores. Chegou Fernando Fariña do Eiriña, Ramón Rey e Redondela do Pontevedra Athletic, e Chaco da Cultural Leonesa.[2] Gañou 12 dos 16 partidos e proclamouse por primeira vez na súa historia campión de Galicia, logrando o título a falta de dúas xornadas, despois de vencer nun derbi contra o Celta de Vigo con dous goles de Ramón González e Joaquín Vázquez.[3]
Deixou o equipo ao remate da tempada, regresando brevemente en 1928. En 1930 comezou a súa terceira etapa no club, que durou tres anos e na que conquistou dous títulos máis do campionato galego (1930/31 e 1932/33). Continuou como masaxista no club ata xaneiro de 1934, cando presentou a súa dimisión.[4] Volveu en decembro do mesmo ano, adestrando o equipo durante uns meses.
En decembro de 1935 converteuse en adestrador do Stadium Avilesino, ao que dirixiu durante unha tempada.[5]
Traballou tamén como crítico deportivo para La Voz de Galicia.[6]
Deportivo da Coruña
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.