A explosión respiratoria, tamén chamada explosión oxidativa, é a rápida liberación de especies reactivas do oxíxeno (radical superóxido e peróxido de hidróxeno) que poden realizar varios tipos de células.
Xeralmente utilízase para indicar a liberación de ditas substancias químicas por parte das células inmunitarias, por exemplo, neutrófilos e monocitos, cando se poñen en contacto con diversos tipos de bacterias ou fungos. Tamén son liberadas polo óvulo dos animais superiores unha vez que foi fertilizado. Estas substancias tamén poden ser liberadas por células de plantas.
A explosión respiratoria ten unha importante función no sistema inmunitario. É unha reacción fundamental que ocorre nos fagocitos para degradar partículas internalizadas e bacterias.
Na explosión respiratoria intervén a NADPH oxidase. Para combateren as infeccións, as células inmunitarias usan a NADPH oxidase para reducir o O2 ao radical libre oxíxeno e despois a H2O2. Os neutrófilos e monocitos utilizan a mieloperoxidase para combinar o H2O2 con Cl- para producir hipoclorito, que exerce un papel na destrución de bacterias. A ausencia de NADPH oxidase impide a formación de especies reactivas do oxíxeno e dá lugar a unha enfermidade granulomatosa crónica.
A explosión respiratoria ten importancia en doenzas vasculares asociadas coa diabetes. A NADPH oxidase pertence a unha familia de encimas que se encontran nos vasos sanguíneos (en concreto intervén na enfermidade vascular), produce superóxido, o cal se recombina espontaneamente con outras moléculas para producir radicais libres reactivos. O superóxido reacciona co NO, o que ten como resultado a formación de peroxinitrito, que reduce o NO bioactivo necesario para dilatar as arteriolas terminais do sistema circulatorio e alimentar as arterias e a resistencia das arterias. O anión superóxido, peroxinitrito, e outras especies reactivas do oxíxeno tamén orixinan unha patoloxía por medio da peroxidación das proteínas e lípidos, e pola activación de fervenzas de sinalización sensibles ao redox e nitrosilación de proteínas. Suxeriuse que a activación da NADPH oxidase depende da activación previa da PKC.[1] A mieloperoxidase usa o peróxido de hidróxeno das especies reactivas do oxíxeno para producir ácido hipocloroso. Moitos estímulos vasculares, como todos os coñecidos que producen resistencia á insulina, activan a NADPH oxidase por medio tanto do incremento da expresión xénica coma de mecanismos de activación complexos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.